Skip to Content

NOTA INFORMATIVA PROCESO DE RESERVA E DE SOLICITUDE DE MATRICULA. IES A SANGRIÑA. CURSO 2023-24

NOTA INFORMATIVA PROCESO DE RESERVA E DE SOLICITUDE DE MATRICULA.

 IES A SANGRIÑA. CURSO 2023-24

Ao abeiro do disposto no art. 5 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, infórmase.

  1. Aberto prazo reserva matrícula dende centros adscritos:  ata o 6 de febreiro.
  2. 22 de febreiro.   Exposición no centro da listaxe de alumnado provinte dos centros adscritos con reserva admitida.
  3. Do 1 ao 20 de marzo: proceso de admisión de matrícula.
  4. O 25 de abril estará publicada  no centro a listaxe provisional de alumnado admitido para matricula en ESO no IES A Sangriña curso 2023-24.
  5. O prazo de formalización da matrícula para o IES A Sangriña en cursos da ESO e de Bacharelato do curso 2023-24 será do 23 de xuño ao 7 de xullo.

 O DIRECTOR

 

 

Matrícula na ESA

Prazo de matrícula para o alumnado de nova incorporación para o módulo IV da ESA, para o segundo cuadrimestre: do 9 ao 17 de xaneiro.

FELICES FESTAS!

Voltamos o luns 9 de xaneiro co horario lectivo habitual. 

O APALPADOR. Concurso de debuxo de Nadal 2022

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega quere que o alumnado da Sangriña celebre o Nadal da maneira máis artística. Para iso, convocamos un concurso no que debuxar o Apalpador, o personaxe protagonista do Nadal galego. Ademais, as participantes tamén poderán escoller crear a imaxe da Apalpadora. O premio consistirá nun vale de 30€ en material de debuxo, libros ou material escolar. Os orixinais deberán enviarse por correo electrónico, antes do 10 de xaneiro, a asangrinha.edlg@gmail.com.

Alumnado de Ciclos visita UNVI e OREMBEr

O alumnado dos ciclos de Automoción e de Administrativo realizou unha saída a Ourense o pasado 14 de decembro, para visitar a empresa UNVI (punteira a nivel internacional na fabricación de autobuses) e tamén a factoría de OREMBEr do grupo madereiro FINSA. A mediodia o alumnado e profesorado comeu na cidade de Ourense, e xa pola tarde tiveron a oportunidade de deleitarse no Complexo termal de Prexigueiro en Ribadavia. Desde os departamentos de automoción e administrativo queren agradecer a axuda na organización da viaxe, e sobre todo por sufragar o total do coste económico da viaxe ás responsables do proxecto eMprende neste centro, a través de Ayuda en acción, Ana e María.



O IES A SANGRIÑA DESENVOLVE O PROXECTO eMPRENDE

 

  O IES A SANGRIÑA é un dos seis centros que en toda  Galicia  participan no proyecto piloto eMprende, a través de Ayuda en Acción e cofinanciado polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones e polos fondos NextGenerationEU da Unión Europea.

 

 O proxecto eMprende nace como unha ferramenta para docentes e unha oportunidade para o alumnado de Formación Profesional, alumnado diana cara o cal está orientado este programa que busca ofrecer estratexias e desenvolver capacidades fundamentais tales como o desenvolvemento de plans de orientación vocacional e a adquisición de competencias chave para o coñecemento e a análise socioeconómica da contorna co fin de identificar oportunidades de emprendemento e autoemprego.

 

 eMprende foi diseñado dende un enfoque multidisciplinar en base ao traballo en rede e ao establecemento de alianzas con axentes sociais e económicos público-privados todo o cal permite a adecuación das necesidades formativas ao mundo laboral.

 

 Este programa axuda ao noso alumnado de Ciclos a identificar a súa vocación e a mellorar o seu rango competencial posibilitando, así,  o trazo dun  plan vital que se adecúe ás súas necesidades e ás súas eleccións. Adquirir, nunha palabra, as estratexias que lles permitan cambiar o seu presente para garantir o seu futuro.

 

 Para más info sobre o proxecto pódese consultar: https://ayudaenaccion.org/proyectos/emprende/

 

 

ACTO DE PRESENTACIÓN DOS CALENDARIOS COMPETENCIAIS NO IES A SANGRIÑA

  A Deputación Provincial de Pontevedra escolleu ao IES A Sangriña para a celebracioón do acto de presentación dos Calendarios Competenciais deseñados para o alumnado de secundaria dos centros da provincia. O acto tivo lugar no Salón de Actos do centro de 12:20 a 13:10 hrs e contou coa presencia da Presidenta da Deputación, Carmela Silva, e da autora dos Calendarios Competenciais, Teresa Dominguez . Asemade asistiu ao evento o Alcalde de A Guarda, Antonio Lomba.

 Teresa Domínguez, premio Nacional de Educación, exdirectora do CRA Mestra Clara Torres de Tui e doutora en Psicopedagoxía,  é a creadora dos Calendarios Competenciais promovidos pola Deputación de Pontevedra, que teñen a  finalidade de fomentar as capacidades e o pensamento crítico das crianzas e xoves da provincia a través de actividades que buscan desenvolver competencias e mobilizar actitudes en temas trasnversais como Igualdade, Educación Medioambiental, Educación Cívica, etc.
 
  A Deputación de Pontevedra edita agora, co  asesoramento e colaboración de Teresa Domínguez, a sétima edición dos calendarios competenciais para o ano 2023 dirixidos ao alumnado de infantil e de primaria e ás súas familias, ademais da terceira edición dos calendarios para o ensino secundario. Este material didáctico recolle unha serie de imaxinativas propostas de aprendizaxe e actividades centradas nas competencias educativas establecidas. Ademais, inclúense outras suxestións para facer en familia e fóra do horario lectivo, coma recomendacións de lectura ou de cine, e tamén propostas para visitar lugares con encanto na provincia de Pontevedra. Outra das características deste proxecto é a súa contribución á visibilización das mulleres en distintos ámbitos.

   Achegámovos o link coa web da Deputación de Pontevedra onde está dispoñible a gravación íntegra do evento: 

https://www.youtube.com/watch?v=onaEFiqmLWA

COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO IES A SANGRIÑA TRAS O SEU XIIIº PROCESO DE RENOVACIÓN

Composición do CE tras a XIII RENOVACIÓN

VIXENCIA NO CARGO

POSTOS A ELIXIR NA XIV RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR (NOVEMBRO 2024)

REPRESENTANTES DO PROFESORADO

 

REPRESENTANTES DO PROFESORADO

Requejo Vázquez, Mª Jesús

2024

1

Salvador Díaz, Susana

2026

 

Núñez Martínez, Beatriz

2026

 

Suárez Recouso, Estela

2026

 

Gómez Boán, María

2026

 

Caldevilla Lago, Domingo

2024

1

Vergara Leonardo, Francisco José

2024

1

REPRESENTANTES DO ALUMNADO

 

REPRESENTANTES DO ALUMNADO

Trinidad Cividanes, Kimberly

2024

1

Vicente Cadilla, Manuela

2024

1

Díaz Martínez, José Antonio

2026

 

Álvarez Gómez, Manuel

2026

 

REPRESENTANTES PAIS/NAIS

 

REPRESENTANTES PAIS/NAIS

Lomba Pérez, Mª Rosa

2024

1

González Guisantes,

Rebeca

2026

 

ASIGNACIÓN ANPA

 

ASIGNACIÓN ANPA

Higuero Araújo, Yolanda

2024

1

REPRESENTANTES PAS

 

REPRESENTANTES PAS

Sen candidaturas

-

1

ASIGNACIÓN CONCELLO DE A GUARDA

 

ASIGNACIÓN CONCELLO DE A GUARDA

Miguel A. Español Otero

2024

1

Nota: en negrita candidaturas electas na XIII Renovación Consello Escolar IES A SANGRIÑA 

 

Total: 9

 

Día Internacional Contra a Violencia de Xénero

MANIFESTO 25N, I.E.S. A SANGRIÑA

Un 25 de novembro máis estamos aquí para denunciar a violencia machista. Ese tipo de violencia que se exerce contra as mulleres polo simple feito de selo. No que vai de ano levamos 38 asasinatos de mulleres a mans das súas parellas ou ex parellas, e como mostra diso podedes ver as súas siluetas nos nosos corredores. Sara, Mónica, Claudia, Mercedes, Lobna... nos vos esquecemos!

Por estes crimes, 26 menores quedaron orfos. No ano 2021, as vítimas mortais de violencia de xénero foron 44, crimes polos que quedaron orfos 30 menores. Desde 2003, primeiro ano no que se empezaron a rexistrar estes crimes, son 1.171 as vítimas.

Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo. A desigualdade entre os xéneros continúa en todo o mundo. Acabar con ela require esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas implican.

Mais a violencia non son só os asasinatos, os golpes... A violencia contra as mulleres perséguenos a diario e vai máis alá.

Por iso un día coma hoxe queremos recordar que as discriminacións se combaten desde a base, para deste xeito vivirmos en igualdade e sen medo.

Queremos sentirnos seguras pola rúa, coa roupa que queiramos e co longo da saia que levemos. Sen piropos, sen opinións innecesarias. Queremos sentirnos libres para expresarnos, o que sentimos e que as nosas palabras se escoiten. Queremos ter voz propia. Queremos unha educación pública que defenda a igualdade e que axude a combater esta lacra.

 

25N

Distribuir contido


by Dr. Radut