2010-2011
IMONOS FACENDO MAIORES
Onte festexamos os aniversarios do mes: Xabi xa ten sete anos, Abel cinco e Álvaro xa ten catro.
Merendamos bizcoito e uns pasteis riquísimos que nos fixo a mamá de Xabi.
Pasámolo moi ben!
PARABÉNS CHICOS!!!
- APIs de Blogue
INVESTIGADORES
![](/centros/crarianxo/system/files/u25/PC120396.jpg)
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
NESTE TRIMESTRE CONSEGUIMOS RESOLVER :
O POLIÑO FEO
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
XA CHEGA O NADAL A PAZO
XA CHEGOU O NADAL Á ESCOLA DE PAZO E FIXEMOS UNHAS CARPETAS
CON CARTOLINA PARA LEVAR TODOS OS NOSOS TRABALLOS PARA A CASA.
COMO SE NOS ABRÍAN POLOS LADOS, COSÉMOLAS CUNS LAZOS DE CORES.
PERO O MELLOR DE TODO VEU DESPOIS!, PARA DECORAR AS CARPETAS E DADO
QUE ESTAMOS NO NADAL, FIXEMOS ESTAMPACIÓNS CUNHA PATACA,
E COA AXUDA DUN MOLDE EN FORMA DE ÁRBORE E OUTRO EN FORMA DE ESTRELA,
QUEDÁRONNOS UNS DEBUXOS NAVIDEÑOS BEN BONITOS!!
TAMÉN FIXEMOS UNS DEBUXOS DE CORES E FIXEMOS MAXIA COAS CERAS MANLEY
PINTANDO TODO DE NEGRO POR ENRIBA...
A GRAN SORPRESA CHEGOU CANDO RAIAMOS POR ENCIMA DO NEGRO
E NOS SAÍRON UNS DEBUXOS PRECIOSOS!!
AQUÍ VOS DEIXAMOS AS FOTOS PARA QUE VEXADES QUE BEN O PASAMOS
TRABALLANDO ANTES DAS VACACIÓNS!
BICOS E APERTAS PARA TODOS E TODAS DENDE O PAZO!
O POLIÑO FEO
Onte ,no Auditorio de Rianxo, asistimos á representación do espectáculo de títeres "O poliño feo" posto en escea pola compañía Viravolta. Hoxe, na clase, debuxamos o que mais nos gustou.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
- APIs de Blogue
O POLIÑO FEO
NA MAÑÁ DO LUNS 13 DE DECEMBRO AS ESCOLAS DO CRA TRASLADAMONOS ATA O AUDITORIO DE RIANXO PARA ASISTIR A REPRESENTACIÓN DE "O POLIÑO FEO", ESPECTÁCULO DE LUZ NEGRA CON MÚSICA EN DIRECTO, A CARGO DA COMPAÑÍA VIRAVOLTA TÍTERES
- APIs de Blogue
COMPARTINDO AVENTURAS
No que vai de curso xa levamos xuntos moitas horas compartindo: xogos, bailes, cantigas, gustos-desgustos, entendementos- algunha que outra discusión, risas-algún que outro choro e...
AVENTURAS! MOITAS AVENTURAS!
Aventuras propias nas que nós fomos os protagonistas indiscutibles. E tamén aventuras axenas nas que os protagonistas foron Pétala, Cocorico, Xaime, os tres porquiños,... e nas que a través da nosa imaxinación fomos capaces de inmiscuirnos para facer fronte ao Dragón, a Gato Pelado, o Lobo feroz...
Coma nenos e nenas que somos temos a sorte de poder vivir con gran entusiasmo e emoción todas e cada unha das aventuras narradas nos contos que chegan ata nós. Por iso, agora que este primeiro trimestre está rematando, cremos que é un bo momento para compartir unha pequena mostra dos traballos recollidos no noso caderno do clube de lectores e lectoras.
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS
Dende 1950 celébrase o 10 de decembro como o Día Universal dos Dereitos Humanos.
Dende a asociación TADEGa faisenos unha proposta para que ese día amosemos e traballemos nas nosas aulas co conto Xandre, o elefante sen sombra, conto que amosará a necesidade da presencia de todas as persoas, con ou sen discapacidades.
E para asegurarnos o acceso ó conto, facilitannos o seguinte enlace:
- APIs de Blogue
POLIDEPORTIVO
A ACTIVIDADE PSICOMOTRIZ REALIZADA NESTE TRIMESTRE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO COMPLEMENTOUSE CON DÚAS SESIÓNS RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN SAUDABLE DESENVOLVIDAS NA AULA ACTIVA DO MAR.
PARA VISIONAR AS ENTRADAS RELACIONADAS CON ESTA NOVA, PREMEDE NOS DISTINTOS ENLACES...
Sesión polideportivo: os animais
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 24
- 25
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- …
- seguinte ›
- última »
![RSS - 2010-2011 Distribuir contido](/centros/crarianxo/misc/feed.png)