COMEZO DO CURSO DE NATACIÓN

A ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" LÉMBRANOS QUE HOXE, XOVES 5, COMEZA O CURSO DE NATACIÓN PARA O ALUMNADO DO CRA NA PISCINA MUNICIPAL DE RIANXO

ver sección da anpa

AS DONCELAS DO MILLO

Hai centos de anos o cultivo do millo extendeuse dende América e chegou a Galiza, tranformando aspectos fundamentais da vida dos galegos e das galegas na alimentación, no traballo das terras, nas arquitectura popular.

SABEDOR DA PEGADA QUE O MILLO TEN NA NOSA CULTURA, O AMIGO DANIEL CONViDOU A MESTRES, NENOS, NENAS E FAMILIAS A VISITAR A SÚA BIBLIOTECA E A COÑECER A LENDA DOS INDIO PUEBLA "AS DONCELAS DO MILLO".

NOITE DE CABAZOS


(CABAZOS NO CRUEIRO DOS MENIÑOS, PRETO DA ESCOLA DE ABUÍN-BRIÓN)

UN ANO MÁIS, E SEGUINDO UNHA TRADICIÓN SALVAGARDADA POLOS NOSAS AVOAS E AVÓS,  PRENDÉRONSE  OS CABAZOS QUE ALUMEARON A  NOITE MÁXICA

CONCERTO DIDÁCTICO

OS DÍAS 27 E 28 DE OUTUBRO, AS AULAS DO CRA DE RIANXO DESPLAZÁRONSE AO AUDITORIO DE GALICIA, EN SANTIAGO DE COMPOSTELA, PARA ASISTIR AO CONCERTO DIDÁCTICO "ACÁBATE LA SOPA!"

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA

A ANPA "IRMÁNS ÍNSUA" ORGANIZA  PARA ESTE ANO ACADÉMICO UN CURSO DE NATACIÓN E ACTIVIDADES DE INICIACIÓN AO TEATRO.

ver a nova na sección da Anpa

TARDES NA BIBLIOTECA DE DANIEL

DENDE O MARTES 6 DE OUTUBRO O AMIGO DANIEL CONVÍDANOS TAMÉN Á SÚA BIBLIOTECA OS MARTES POLA TARDE.
DURANTE ESTE PRIMEIRO TRIMESTRE, E AO LONGO DE SETE SESIÓNS, DANIEL COMEZARÁ A OFRECERNOS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN LECTORA, FORMACIÓN DE USUARIOS E PRÉSTAMOS PARA AS CRIANZAS, AS SÚAS FAMILIAS E OS SEUS MESTRES.

CALENDARIO ESCOLAR

VER A NOVA NO PORTAL DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CURSO 2015-2016



O martes 1 de setembro comezan as actividades do curso 2015-16.


A presentación e inicio das actividades lectivas realizarase o xoves día 10 de setembro
As familias que necesiten comunicarse co centro antes do 10 de setembro, poden facelo na sede do C.R.A. de Rianxo na Atalaia - Asados, entre as 10:00 e as 13:00, prégase chamar previamente ao teléfono 981 863305.


A organización do profesorado para o día 1 de setembro será a que se indica a seguir:
- Reunión xeral ás 12:00 h. na sede do C.R.A. de Rianxo. As profesoras titoras deben antes pasar polas escolas.
- As profesoras de nova incorporación ao centro deben achegarse ás 11:00 h. á sede do C.R.A. para realizar a toma de posesión


Desexamos ás familias e aos alumnos e alumnas que o curso que comeza nos axude a  todos e a todas a sermos máis solidarios/as  e  mellores persoas.
O PROFESORADO DO C.R.A. DE RIANXO

Gratuidade Libros - recollida de vales

Estan dispoñibles os vales correspondentes ao programa de gratuidade de libros de texto.

Poden recollerse na sede do C.R.A. os días 10, 13, 14 e 15 de xullo entre as 10:30 e as 13:30

Rianxo a 9 de xullo de 2015

O equipo directivo

 

REMATE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS DO CURSO 14-15

O VENRES 19 DE XUÑO A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA REALIZOU DIVERSAS CELEBRACIÓNS DE REMATE DAS ACTIVIDADES LECTIVAS DO CURSO ACADÉMICO 2014-2015

Distribuir contido