Skip to Content

contador gratis para blog

6º Infantil

O magosto infantil no Cole de Cea.

Un videoalbum de fotos con imaxes do alumnado de infantil do Cole de Cea no pasado magosto.

 

Proxecto os cogumelos.

Medraron amanitas muscarias na entrada do Cole de Cea. Foi o alumnado de infantil que participou desta forma tan creativa no proxecto sobre cogumelos que estamos a desenvolver no Cole. 

 

O outono en Infantil.

O cole está máis bonito se o decoramos entre todos. As paredes, as ventanas locen estes días debuxos das pequenas e pequenos de infantil. 

 

Os primeiros días no Cole

Os primeiros días no Cole sempre son de emoción. Reencontro coa aula, cos amigos, coa profe. E para os que comezan todo un mundo de experiencias se abre fronte a eles, novos espazos, novas rutinas...

 

Mamá Cabra " 15 primaveras".

Mamá Cabra " 15 primaveras"; un espectáculo diferente cun formato de “Concerto-Teatro” no que a música estivo presente en todo momento. Os alumnos de Infantil gozaron moito con esta actividade cantando e bailando.

                                                                  Aquí algúns dos seus fermosos debuxos.

 

 

A PRIMAVERA EN INFANTIL

Xa é primavera, dentro e fóra da aula. Canta o cuco e as flores comezan a saír ó ver o sol. Na aula de cinco anos os nenos e nenas reflexan a primavera no seu mural

 

A PRIMAVERA EN INFANTIL

Coa chegada da Primavera o Edificio de Infantil engalanouse para a ocasión. Os peregrinos ocupan as paredes do Edificio seguindo a línea do proxecto de Centro "Faise o Camiño".

Día da nai.

Para todas as nais. Para todas aquelas que nos coidades, que nos axudades, que día tras día vos preocupades por nós. Que nos facedes felices e sodes o noso guieiro na vida. Para todas vós os nosos parabéns.

MENÚ DO MES DE MAIO

CELEBRANDO O DÍA DO LIBRO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut