Skip to Content

contador gratis para blog

AVISO SUSPENSIÓN TRANSPORTE ESCOLAR

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar hoxe martes día 21, ás 14:00 horas, na súa páxina o seguinte aviso:

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso por NEVADAS para os días 22 e 23 de marzo de 2017, que afectarán a tódalas provincias de Galicia.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

  1. A SUSPENSIÓN do TRANSPORTE ESCOLAR por alerta LARANXA, entre as 12:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, por acumulación de neve de ata 5 cm de espesor, que afectará as zonas de predición meteorolóxica do Interior da Coruña, do Centro e Sur de Lugo, do Noroeste de Ourense e do Interior de Pontevedra; e entre as 8:00 horas do día 22 e as 12:00 horas do día 23 de marzo, na zona de predición meteorolóxica do Sur de Ourense.

Atendendo a este aviso, e por pertencer á zona do Noroeste de Ourense en estado de alerta laranxa,  comunícase a todos/as pais, nais e titores legais dos alumnos/as que

O MÉRCORES DÍA 22 NON HABERÁ   TRANSPORTE ESCOLAR ÁS 17:15,  polo que aqueles alumnos que acudan ó centro TERÁN QUE SER RECOLLIDOS POLOS SEUS PAIS OU CALQUERA OUTRO ADULTO RESPONSABLE DELES.

 Do mesmo xeito, NON HABERÁ TRANSPORTE ESCOLAR o xoves día 23 para a entrada ás 10:30.



story | by Dr. Radut