Skip to Content

contador gratis para blog

NOVA CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar una nova convocatoria de axudas para a adquisición de material escolar, destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial en centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso escolar 2015/16, que non solicitase a axuda na anterior convocatoria, ou que tendo solicitada a axuda, resultase excluído por unha causa emendable.

Podedes consultar a convocatoria na seguinte ligazón.

As solicitudes e a documentación correspondente serán recollidas na secretaría do centro.

O prazo de presentación é de dez días a partir de hoxe martes 10 de novembro.



story | by Dr. Radut