Skip to Content

contador gratis para blog

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DA ESO

Onte convocáronse os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2014/15 co obxecto de dar recoñecemento público ao esforzo e dedicación do alumnado desta etapa educativa. Estes premios pretenden recoñecer e valorar publicamente os méritos excepcionais baseados no traballo do alumnado que cursou cun excelente resultado académico a ESO.

Poden optar a estes premios aqueles alumnos que teñan unha media das cualificacións de todas as materias dos catro cursos da etapa  igual ou superior a 9,00 puntos.  Dende o colexio de Cea propomos a tres alumnos que este ano remataron a ESO.

Parabéns para Yoana Rodríguez, Iván Casado, e Sandra Pérez. Dende o colexio desexámosvos moita sorte, esperando que acadedes este premio.



story | by Dr. Radut