Skip to Content

blogue demarta

Concurso de cartaces do Concello de Cea

O cartaz elaborado con motivo do 8M por Samuel Rodríguez, de 1º ESO, foi seleccionado para difundir o acto conmemorativo do Día Internacional da Muller do concello de Cea.

Podes ver o resto das propostas do alumnado de 1º e 2º da ESO no seguinte enlace:

Cartaces día da Muller

Regueifesta e paseo por Santiago

O alumnado de 1º e 2º da ESO participaron da gran festa da improvisión oral en Galicia, puidendo ver actuacións de participantes galegos, vascos, cataláns... ¡e ata de Cabo Verde! 

Pola tarde, coñeceron a historia que hai detrás dos principais recunchos de Compostela.

Podes ver máis fotos premendo no enlace.

Así funcionan os Servizos Sociais

Non só o alumnado do cole de Cea vai a clase! Desta volta, somos @s profes os que nos formamos.

Tania e Maite explicáronnos as funcións que levan a cabo os Servizos Sociais Comunitarios en relación cos menores e, en concreto, contáronnos, polo miúdo, como funciona o Programa de Educación Familiar.

Visitamos Exxperimenta en feminino

O alumnado da ESO de Cea participou na "I xornada de Ciencias, Tecnoloxía e Matemáticas" organizada por profesoras do Campus de Ourense, con motivo da conmemoración do "Día da Muller e a Nena na ciencia". O obxectivo das xornadas foi doble, por unha banda, visualizar o traballo das mulleres no ámbito científico e chamar á atención sobre o escaso número de mozas que hai nalgunhas carreiras e, por outro, fomentar as vocacións científicas.

Ademais de participar en varios experimentos, algúns xa probaron o que se sinte vestindo unha bata branca no photocall das xornadas.

 

11 febreiro, día da muller e a nena na ciencia

Para celebrar o Día da muller e da nena na ciencia, os departamentos de orientación e de Bioloxía, organizamos un concurso titulado "Quen é quen?" para facer co grupo de 1º da ESO. Consistía na búsqueda de pistas coas que debían atopar o nome dunha serie de científicas. As imaxes son do libro "Las chicas son de ciencias" de Irene Cívico.

Orientación vocacional 4º ESO

Presentación sobre as opcións ao rematar 4º ESO:

https://drive.google.com/open?id=1TF2GRc8fNBA4N_vu9o1i8Dl8i0OG3HaekXOZeu...

Test de orientación vocacional de resolución online:

http://www.educaweb.com/orientacion/intereses-profesionales/

Algúns artigos que poden axudar:

 

 
 

VISITA A VILABOA

O alumnado de 2º ESO de Vilaboa xa visitara Cea mais, desta volta, foron os nosos rapaces os que visitaron a súa zona. Coñeceron o funcionamento dunha industria conserveira, visitaron unhas antigas salinas e coñeceron a historia da illa de San Simón. 

Ata a próxima CPI do Toural!

 

REGUEIFAS E BUSCA DO TESOURO EN COMPOSTELA

O club de lectura visitou Santiago para participar da Regueifesta, pola mañá, e para pescudar pistas no Museo do Pobo Galego, pola tarde.

Salvo por todo o que choveu, tivemos un día xenial!

https://goo.gl/photos/zdqVF4DBkBYuuR666

LENDO SOBRE UNHA CLASE DISTINTA Á NOSA... OU NON.

O grupo de 3º e 4º lerá este trimestre, o libro "A clase", que trata sobre o que ocurre nunha clase nun instituto dun barrio de París. Terán os mesmos conflitos que nunha das nosas aulas? De momento, falamos sobre os temas que trataría o libro e barallamos os termos como interculturalidade, conflito, educación ou adolescencia.

 

 

ENCONTRO CON MANUEL IGLESIAS TURNES

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut