Actividades

VISITA DE AHMAD E LETICIA

O venres 3 de marzo tivemos entre nós a Leticia e Ahmad.

Leticia foise a traballar de voluntaria a Grecia por sete días,... e quedouse sete meses!! Alí coñeceu a Ahmad, nacido en Raqqa (Siria).

Ahmad contounos a experiencia da súa fuxida, os recordos que ten do seu país antes da guerra, o seu paso por Turquía e Grecia, o traspaso das diferentes fronteiras, a estancia en campos de refuxiados (en Idomeni, con capacidade para 1500 persoas vivían 15000), as noites durmindo na rúa, a fame, a indiferencia por parte de moita xente,...

Falounos tamén das filas:

Para ir ao baño: en fila.

Para un prato de sopa: en fila.

Para unha medicina: en fila,....

Horas e horas de estar en fila...

Mediante pequenos xogos, Ahmad e Leticia axudáronnos a poñernos na pel dos refuxiados.

 

 

 

 

Tamén nos contou que cando chegou a Europa sentiu que só era un número. Lembrades a charla de Maite?

Maite tiñanos dito que había cousas que non se podían cuantificar, pero Ahmar preguntounos: Canto custa unha vida? Vós sabédelo?

Ahmad ten moita sorte, agora vive na Coruña e gústalle a vida en Galicia,aínda que bota moito de menos a súa familia. Está agardando pola tarxeta vermella que lle permitirá traballar aquí, mentras tanto traballa como voluntario, e atopouse con persoas co CORAZÓN GRANDE. Desde Dodro dámoslle as grazas por vir visitarnos e lembraremos os seus consellos:

Seremos creativos.

Seremos críticos.

Daremos a coñecer estas situacións coas que non estamos de acordo.

Non esqueceremos.

Déixovos uns enlaces para que poidades ver diferentes videos con iniciativas que non nos esquecerán.

canción

Video

Presentación Primaria

Presentación ESO

El viaje de su vida

 

 

A IMPORTANCIA DOS NÚMEROS

Hoxe tivemos de invitada en 5º a Maite, a mamá de Antía Méndez, profe de matemáticas. Veu a falarnos sobre a importancia dos números na nosa vida.

Explicounos que hai números bonitos, números moi pequenos, números moi importantes, cal é o rei dos números,... Falounos tamén sobre a relación entre os números e o tema que estamos a traballar este ano: 

 

O alumnado de 5º moi atento ás explicacións de Maite:

 

 

 E contounos o conto La pequeña Carlota, co cal vimos que hai moitos nenos no mundo que se sinten como a protagonista do conto: solos, con fame, con frío, sen ninguén que os protexa...

 Agradecemos a Maite a súa visita e  valoramos a aportación ao proxecto deste curso, sobre todo esta reflexión: non se pode cuantificar o mal que se pode sentir unha persoa cando se sinte rexeitada.

Déixovos aquí o enlace para que poidades ver o conto.

La pequeña Carlota

POESÍA

 O mércores 23 de marzo recibimos en 5º a visita de Marina Losada, poeta rianxeira, que veu a lernos os seus poemas sobre o medo e outros máis de temáticas diferentes.

Marina explicounos como era o seu proceso creador e  animounos a escribir. 

 

Nós agasallámola cuns acrósticos que fixemos co seu nome. Agardamos que lle gustaran. Velaquí algún exemplo:

 

 

 Clica no  enlace para acceder ao seu video-poema 200 nenas galegas, xurdido a raíz do secuestro en Chibok  por parte do grupo Boko Haram. Esperamos que vos guste. 

 

 

OBRADOIRO: SOLIDARIEDADE COS REFUXIADOS

Hoxe, martes 21 de febreiro, estiveron no noso CPI Teresa e Cristina, membros do Partido Solidaridad y Autogestión Internacionalista.

Co alumnado de 5º e 6º estivemos traballando a solidariedade cos refuxiados. Escollemos unha imaxe familiar, ubicámonos nun país,  imaxinamos uns motivos para a fuxida e... que levariamos na mochila?

A partir desta situación ficticia intentamos tomar conciencia sobre a realidade tan difícil que se está a vivir nestes momentos en distintos puntos do planeta.

Velaquí distintos momentos do obradoiro:

 

 

Tamén participou o alumnado de secundaria

Agradecemos a Teresa e Cristina a súa presenza no noso cole e a reflexión que nos suxeriron:

A pequena acción que podemos desenvolver entre todos é moi importante.

A EXPRESIÓN DO MEDO

 

 

Aproveitamos a mañá de hoxe para montar unha exposición con fotos sobre a crise humanitaria dos refuxiados. As fotos foron cedidas polo CEIP de Aguiño en colaboración coa ONG Somos Humanos Somos Refuxio de Ribeira.

 

 

 

 

Agradecemos a dita ONG e CEIP o préstamo destas fotos, que fan visible a situación tan terrible que estamos a vivir.

 Estades tod@s invitad@s a visitala no patio de E. Primaria.

 

OS DEREITOS DOS MENORES

Hoxe veunos visitar Cristina, a mamá de Antía Otero de 5º, para falarnos sobre os dereitos dos menores. Resultou unha charla ben interesante, na que nos lembrou as necesidades dos nen@s que non teñen os privilexios dos que nós disfrutamos. Ademáis falounos da importancia de valorar o que temos, non só o aspecto material, tamén o afectivo.

Explicounos que en Protección de Menores traballan con MENAS...

Sabedes que significa? Menores Extranxeiros Non Acompañados.

Velaquí algúns momentos da charla ao final da cal nos agasallou cunhas camisetas que non dubidamos en probar no mesmo momento. A que nos quedan ben?

Moitas grazas a Cristina por acompañarnos, adicarnos o seu tempo e as súas palabras e facernos pensar. 

 

  

 

CHARLAS SOBRE HIXIENE BUCODENTAL PARA OS MÁIS PEQUENOS

Aquí tedes fotos da charla impartida ao alumnado de 1º e2º de Primaria sobre hixiene e coidado bucodental.

 

 

No enlace podedes acceder a máis información e fotos desta actividade.

 

SAÚDE BUCODENTAL

O venres 3 de febreiro recibimos a visita de  duas odontólogas da clícina dental MARES. Con elas aprendemos moito sobre hixiene e saúde bucodental.

Aquí vos deixamos algunhas fotos de distintos momentos co alumnado de 1º, 2º e 3º de E. Primaria.

 

 

  

 

 

 

 

SAÍDA DIDÁCTICA 4º, 5º E 6º

 

 

O xoves día  26 de xaneiro, o alumnado  de  4º,  5º e 6º realizou unha  saída didáctica a Santiago para visitar o Parlamento de Galicia, onde lles explicaron as súas funcións e o seu funcionamento .  

Aproveitando a estancia  en Compostela,  visitaron tamén  na Cidade da Cultura unha exposición sobre o Novel de Padrón Camilo José Cela, así como a Biblioteca e Arquivo.

A actividade resultou moi interesante. Grazas a todos !!

No ENLACE podedes ver algunhas fotos.

MONSTRUOS DE 4º DE PRIMARIA

Algúns dos  traballos relacionados co Proxecto de Centro deste curso feito por alumnado de 4º de primaria.

Horripilante, non é??

ENLACE A MÁIS FOTOS

Powered by Drupal - Design by artinet