VISITA DE AHMAD E LETICIA

O venres 3 de marzo tivemos entre nós a Leticia e Ahmad.

Leticia foise a traballar de voluntaria a Grecia por sete días,... e quedouse sete meses!! Alí coñeceu a Ahmad, nacido en Raqqa (Siria).

Ahmad contounos a experiencia da súa fuxida, os recordos que ten do seu país antes da guerra, o seu paso por Turquía e Grecia, o traspaso das diferentes fronteiras, a estancia en campos de refuxiados (en Idomeni, con capacidade para 1500 persoas vivían 15000), as noites durmindo na rúa, a fame, a indiferencia por parte de moita xente,...

Falounos tamén das filas:

Para ir ao baño: en fila.

Para un prato de sopa: en fila.

Para unha medicina: en fila,....

Horas e horas de estar en fila...

Mediante pequenos xogos, Ahmad e Leticia axudáronnos a poñernos na pel dos refuxiados.

 

 

 

 

Tamén nos contou que cando chegou a Europa sentiu que só era un número. Lembrades a charla de Maite?

Maite tiñanos dito que había cousas que non se podían cuantificar, pero Ahmar preguntounos: Canto custa unha vida? Vós sabédelo?

Ahmad ten moita sorte, agora vive na Coruña e gústalle a vida en Galicia,aínda que bota moito de menos a súa familia. Está agardando pola tarxeta vermella que lle permitirá traballar aquí, mentras tanto traballa como voluntario, e atopouse con persoas co CORAZÓN GRANDE. Desde Dodro dámoslle as grazas por vir visitarnos e lembraremos os seus consellos:

Seremos creativos.

Seremos críticos.

Daremos a coñecer estas situacións coas que non estamos de acordo.

Non esqueceremos.

Déixovos uns enlaces para que poidades ver diferentes videos con iniciativas que non nos esquecerán.

canción

Video

Presentación Primaria

Presentación ESO

El viaje de su vida

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet