Actividades

O HORTO EN XANEIRO

 Á volta de vacacións de nadal atopamos o noso horto en pleno esplendor:

 

 

 

 

Estade atentos, pronto faremos unha colleita e degustación.

O HORTO NO INVERNO

 Mirade como loce o noso horto no inverno: as nabizas e cenorias a medrar, aínda que lentas, aí están termando do frío.

  

Coa axuda do alumnado da ESO os de terceiro experimentamos cun pequeno invernadoiro.

 

 E mirade que bo aspecto presentan o repolo e coliflor. Temos que ir pensando nas receitas para degustalos!

SAÍDA DIDÁCTICA DE 3º e 4º DE PRIMARIA

 

O pasado mércores día 5 o alumnado de 3º e 4º  de Primaria realizou unha saída ó auditorio de Abanca, en Santiago de Compostela, para gozar coa obra: “ El  mágico planeta de los instrumentos  insólitos”,onde nos recordaron a importancia da reutilización dos obxectos, da creatividade, de  valorar as tradicións.

 



Antes de volver a subir ó autobús repuxemos forzas.

 

Despois visitamos o Museo de Historia Natural e estivemos moi atentos ás explicacións das mestras.

 

 

UNHA VISITA DE OUTONO AO HORTO

 Aproveitamos un momento de lecer para visitar o noso horto e ver como medran as cenorias e repolos e...  MENUDA SORPRESA! Atopamos un rabaniño solitario e fermoso que naceu dalgunha semente do ano pasado.

Como xa estaba listo para ser colleitado aproveitamos a ocasión, lavámolo ben e papámolo entre todos.  Sóubonos a pouco...

 

Continuaremos visitando a hortiña a ver se atopamos máis sorpresas! Guiño

 

 

SAÍDA DE 5º e 6º DE PRIMARIA

Ás mozas e mozos de 5º e 6º non nos arrepía o mal tempo, por iso partimos cara a Compostela para gozar da obra "De los cuentos a las cuentas" no auditorio da sala Abanca, puidemos reflexionar sobre a importancia dos bens materiais e dos proxectos e soños persoais.Para rematar a mañá e combater a choiva, achegámonos á Cidade da Cultura para desfrutar da exposición "Castelao Maxistral" observando viñetas e debuxos do noso prezado Castelao e sentindo emoción ante o considerado guernica galego "A derradeira lección do mestre"...

 

EPITAFIOS

Aproveitamos a proposta do samagosto para traballar de maneira interdisciplinar:

 

 

 

 

Pensamos o noso epitafio e escríbimolo na nosa lápida.

Vainos quedar un cemiterio requetechulo!

2º RECREO CON BSO

2º recreo a ritmo de cine. En Primaria disfrutámolo ao GRANDE!

 

 

 

UN RECREO CON BSO

Dentro do Proxecto de Centro deste curso, "O Cine", estasea desenvolver unha actividdae, tanto en primaria como en secundaria, que consiste en poñer música de películas (no caso de secundaria escoitarana durante a garda de bus da mañán e no de primaria no recreo). Poderá ademais o alumnado participar nun concurso que terá premio, só han de adiviñar cantas máis cancións poidan identificar e anotalas nunha folla de rexistro co seu nome e apelidos.

Hoxe foi o primeiro día con recreo musical e,se observamos as fotos, dámonos de conta de que foi todo un éxito. Polo menos no patio de Primaria!

 

 

 

Que BSO escoitaremos mañá?

UNHA MIRADA A TRAVÉS DO MICROSCOPIO

   Núcleo, membrana, citoplasma,...

@s nen@s de quinto recurrimos ao laboratorio para observar no microscopio as células vexetais.

Unha mirada interesante...

 

 

 

SEMENTAMOS CENORIAS

Os nen@s de 4º aproveitamos a clase de ciencias naturais para sair ao horto a sementar cenorias e, de paso, plantamos tamén un par de verduras de inverno: coliflor e brócoli.

 

 

A chuvia desta noite vailles sentar fenomenal.

Powered by Drupal - Design by artinet