Skip to Content

Blogues

Proba de Aptitude de acceso a 1º de Grao Elemental

Proba de Aptitude de acceso a 1º de Grao Elemental

Preguntas frecuentes acceso ao 1º curso de Grao Elemental

 

PREGUNTAS FRECUENTES

Calendario probas de acceso a 1º de Grao Elemental Xuño 2023

 

CONSERVATORIO ELEMENTAL DE MÚSICA DE TUI (CURSO 2023-2024)

 

CALENDARIO PROBAS DE ACCESO A 1º GRAO ELEMENTAL XUÑO 2023

 

21 de Abril

Publicación da oferta de Prazas Vacantes para o Acceso a 1º de Grao Elemental (A partires das 18:00 hs.)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

Do 24 de ABRIL ao

19 de MAIO

PERÍODO DE INSCRICIÓN PROBAS DE ACCESO 1º GRAO ELEMENTAL (INSCRICIÓN GRATUITA):

De xeito telemático cumprimentando o seguinte formulario web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/558

 

Na oficina do centro: Horario: Luns 09:00-13:30 hs. e de Luns a Venres 15:00-20:00 hs.

 

Descargando a calquera hora o impreso da páxina web, cumprimentando e escaneando o mesmo para envialo por correo electrónico á unha das seguintes direccións:

22 de Maio

Lista pública de Admitidos ás Probas (A partires das 18:00 hs)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

26 de Maio

Publicación dos tribunais e horarios para as probas (A partires das 18:00 hs)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

06 e 07 de XUÑO

PROBAS DE ACCESO (entre as 16:00 e 20:00 hs)

08 de XUÑO

Relación de Alumnos Admitidos e Lista de Espera. (A partir das 17:00 hs)

  • Nos taboleiros do Centro.
  • Chamando por teléfono ao 986604404 / 687249957

Horario de oficina: Luns 09:00-13:00 hs. e de Luns a

Venres 15:00-20:00 hs.

  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui

Do 05 ao 09 de Xuño

Período de Reclamacións ás calificacións das Probas de Acceso. PRESENCIALMENTE  Luns a venres de 09:30-13:30 hs.

Do 09 ao 12 de Xuño

MATRÍCULA 1º de Grao Elemental.

Luns a venres de 09:00 a 13:30 hs.

  • Na secretaría do Centro.
  • Na nosa páxina web:

http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/297

 

O alumno debe presentarse nas probas co seu D.N.I., ou documento que acredite a súa identidade, e folla de rexistro de inscrición para esta proba. Máis información nos enlaces inferiores e na páxina web do centro:

 

Proba Aptitude 1º GE:  http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/561

Preguntas Frecuentes: http://www.edu.xunta.gal/centros/cmusprofesionaltui/node/560

Concerto do día internacional da muller CMUS/ESMU Tui

O vindeiro mércores 8 de marzo ás 18:00 hs. na Sala de Audicións do centro, con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar o "Concerto do día internacional da muller" no que celebraremos esta data tan sinalada cun concerto didáctico e monográfico da música da compositora estadounidense Amy Beach!

Alumnos de diversos curso do Grao Elemental e Grao Profesional interpretarán obras desta compositora para piano, piano a catro mans, clarinete, trompa, violín... Esta música destaca polo seu marcado carácter romántico e a súa sorprendente harmonía.

Ademais, os alumnos de Análise de 6º de Grao Profesional comentarán as obras que se van a interpretar para unha mellor comprensión do público asistente.

Unha oportunidade inmellorable para disfrutar de boa música e descubrir o talento desta xenial compositora!

Este concerto está apoiado e enmarcado dentro da programación do concello de Tui "8M: Ocupemos o noso lugar" que se pode consultar a continuación:

CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL DO CONSERVATORIO ELEMENTAL/PROFESIONAL E ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI

Este mércores 21 de decembro a partir das 20:00 hs. terá lugar o tradicional concerto solidario de nadal do Conservatorio Elemental, Profesional e Escola de Música de Tui deste nadal 2022.

Música de calidade e de todos os estilos interpretada por solistas, grupos de música de cámara, grupo de alumnos de música e movemento (5 e 6 anos), Coro do Grao Profesional, Big Band do Grao Profesional e Orquestra de corda do Grao Profesional e Elemental.

Ven a disfrutar da música e colabora con nós nun concerto no que cambiamos unha entrada por un kg/l de alimentos non perecedoiros, preferiblemente leite, aceite e cacao que serán entregados a asociación asistencial Sos Tomiño Baixo Miño, a cal se encargará de repartir os mesmos a toda a comunidade con máis dificultades de toda a contorna.

A recollida de entradas e entrega de alimentos realizarase o mesmo día a partir das 18:00 hs. e ata a hora do inicio do concerto (20 hs.) na entrada do teatro.

A entrega de notas para os alumnos do centro realizarase no hall do teatro a partir das 19:30 hs e ata as 20:00 hs.

VIVE O NADAL CON MÚSICA!!!

Concerto da Orquestra de corda do Grao Profesional no colexio Marista Santa María de Tui

O Próximo martes 20 de decembro ás 19:00 hs. terá lugar na capilla do Colexio Marista Santa María de Tui un CONCERTO SOLIDARIO a cargo da Orquestra de Corda e de grupos de música de cámara do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Neste concerto interpretarase un programa moi variado e de moita calidade:

 

Programa

 

  • Helping Hands. Sergio Assad.
  • Farewell. Sergio Assad.
  • Costanera del estrecho. Javier Contreras.
  • Anacleto de Medeiros. Radamés Gnattali.

 

Guitarras. Pablo Ameijeiras López y Gabriel Silvera Marcoff.

 

  • Konzert Nº 1. Ernst Gottlieb Baron.

 

Violín, Lucía Ramírez Fernández. Viola David Lago Suárez, Guitarra. Pablo Ameijeiras López.    

 

  • Suite (Terence J. Thompson) 

 

           City Scenes

           A stroll in the city.

           Blowing the blues.

 

  • On your marques. Sthepen Davies.

 

Clarinetes María Fernández Iglesias, Débora Baz Casal, Nuria Núñez González, Andrea Ricón Viana.

 

  • Concierto en La Mayor K. 622. Wolfgang Amadeus Mozart. Adagio.

 

Clarinete. María Fernández Iglesias.

 

  • Bachianas Brasileiras Nº 5. Heitor Villa-Lobos.
  • Tanguedia III. Astor Piazzolla.
  • Mysty. Erroll Ganner. Arreglo Matthew Naughtin.
  • Tico tico. Zequiña de Abreu. Arreglo Matthew Naughtin.

Contrabaixo: Xóse Augusto González Domínguez. 


Frautas: Alejandra Lomba Fernández, Yago Pateiro Vásquez.


Violíns: Valeria Santamarina Costas, Ángela González Janeiro, Daniel González Estévez, Irene Pardo Varela, Lucía Ramírez Fernández. 


Violas: Pablo Rodríguez Rial, David Lago Suárez.

Violonchelos: Thai Leonor Otero Iglesias, Alejandra Cabaleiro Rodríguez, Laura Ramírez Fernández.

 

Entrada libre ata completar aforo a cambio dun Kg/L de alimentos non perecedoiros!!

Concertos Santa Icía 2022

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES!!

 

CONCERTOS SANTA ICÍA 2022

O próximo martes 22 é o día de Santa Icía, patroa da música e dos músicos. Para festexar esta data tan importante para nós, o centro organiza dous días de concertos: 

  • Luns 21 ás 21:00 hs: concerto do departamento de piano na Sala de Audicións do centro.
  • Martes 22 ás 20:00 hs: concerto de todos os departamentos na Sala de Audicións do centro.

(Entrada libre ata completar aforo)

Se queredes escoitar boa música estades TODOS convidados a festexar con nós esta data tan especial!!

BECAS MUNICIPAIS PARA AXUDAS ÁS ENSINANZAS MUSICAIS QUE SE IMPARTEN NO CONSERVATORIO E NA ESCOLA DE MÚSICA DE TUI

A partir do mércores 19 de outubro e ata o mércores 16 de novembro de 2022 (incluído) ábrese o prazo para solicitar as becas municipais para axudas aos estudos artísticos musicais que se imparten no noso centro educativo correspondentes ao curso 2021/2022. As bases completas con toda a información do proceso e o extracto da publicación no boppo pódense consultar nas dúas ventás inferiores ou descargarse no anexo inferior deste artigo. Tamén pódese descargar no anexo inferior a solicitude para as becas e a declaración responsable.

Lémbrase que o centro atenderá calquera dúbida, consulta ou petición de axuda para cumplimentar e entregar toda a documentación deste proceso durante o seu horario de secretaría: 

Luns de 9:00 a 13:00 hs. e de 15:00 a 18:00 hs.

De Martes a Venres en horario de 15:00 a 20:00 hs.

Distribuir contido


by Dr. Radut