Acceso

Tal e como se recolle no Artigo 10 do Documento de Funcionamento da Escola de Música de Tui (DFEM), a admisión de novo alumnado na Escola de Música de Tui está suxeito ó número de vacantes que se estipulen para o seguinte curso.

 

Todo o alumno que desexe acceder á Escola de Música deberá cubrir unha solicitude de praza e presentala por Rexistro nas oficinas do Centro durante todo o ano.

 

Existirán dous tipos de Acceso á Escola: Ordinario e Extraordinario.

  • En Acceso ordinario contémplanse ós alumnos de Música en Movemento, Preparatorio e cursos “regrados” da Escola (1º, 2º, 3º e 4º).

Os alumnos de Música en Movemento accederán ó Centro cun mínimo de 5 anos, poderán acceder os nenos que cumpran esa idade no ano natural do período de matriculación.

Os alumnos que queiran acceder a un curso “regrado” da Escola realizarán una clase de proba co profesor da Especialidade e de Linguaxe Musical para ver o nivel de cada alumno. Despóis das probas o Equipo Directivo elaborará una Lista de Entrada cos informes dos mestres de ditas probas.

Estas probas realizaranse na derradeira semana de xuño ou primeira de xullo, ou incluso en setembro.

Asímesmo, os alumnos que acudan ós Cursos de Captación para Música en Movemento ou Preparatorio (idades de entre 5 e 10 anos aprox.) tamén realizarán unha clase de proba nestes cursos de captación para ser ordeados nas Listas de Acceso.

  • Acceso Extraordinario será para os alumnos de Mantemento.

Os alumnos que soliciten praza en Mantemento ordearanse por data do Rexistro.

Para os alumnos de Acceso Extraordinario (Mantemento) o Centro reservará, como mínimo, o 5% das prazas convocadas.

 

Unha vez confeccionada  a Lista de Espera, no período de matriculación estipulado polo Equipo Directivo (xuño-xullo), comunicarase o número de alumnos admitidos, quedando o resto nunha Lista de Espera que podería volver a moverse en Setembro-Outubro.

 

Polas características da Escola, compre explicar que teñen preferencia os alumnos das Probas de Acceso de 1º de Grao Profesional e Preparatorio e Música en Movemento da Escola, despóis os alumnos de Acceso a cursos intermedios de Grao Profesional e da Lista de Espera ós cursos “regrados” intermedios da Escola, e finalmente os alumnos de Mantemento de novo ingreso.

 

As solicitudes de praza só terán validez para un ano escolar. Se algún alumno non tivese praza debería volver a cubrir outra solicitude de praza para o seguinte curso académico.