PREGUNTAS FRECUENTES
PROBA DE ACCESO A 1º DE GRAO ELEMENTAL
- ¿Qué requisitos debo reunir para poder presentarme?
Básicamente debes ter entre 8 e 14 anos cumpridos ou por cumprir no ano natural. NON é preciso ter coñecementos de Instrumento ou de Linguaxe Musical. Trátase dunha proba para valorar as aptitudes musicais das persoas aspirantes para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais.
- ¿Teño que pagar por realizala Proba de Acceso?
Non, a inscripción para as Probas de Acceso no Conservatorio de Tui é GRATUITA.
- ¿Cándo me podo inscribir para as Probas?
Podes Inscribirte dende o 24 de abril ata o 19 de maio. Podes ver todas as datas de interese no calendario das probas de acceso para o curso 2023-2024.
- ¿Qué teño que facer para Inscribirme?
Simplemente cubrir o formulario de Inscripción, ben a través da nosa páxina Web ou presencialmente na oficina do Centro. Aquí poderás realizar a Inscripción para as Probas de Acceso a 1º de grao Elemental para o curso 2023-2024 a través da Web, é moi sinxelo. Tamén podes chamar aos teléfonos 986604404 e 687249957. Por último, tamén é posible cubrir este formulario (clik para descargar) a man, escanealo e envialo por correo electrónico a: cmus.profesional.tui@edu.xunta.es ou a conservatorio@tui.gal.
- ¿En qué consiste a Proba de Acceso?
O procedemento de acceso ao 1º curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais.
A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá, polo menos, os seguintes aspectos:
a) Exercicio para avaliar a aptitude rítmica.
b) Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
c) Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz.
A realización destes exercicios efectuarase de xeito que ningún deles teña carácter eliminatorio. A valoración realizarase considerando tanto cada un dos aspectos sinalados no punto anterior como o conxunto da proba globalmente.
A cualificación global final será de 1 a 10 puntos, ata un máximo de un decimal, sendo necesario, en calquera caso, obter como mínimo a cualificación de 5 puntos para superar a proba.
Preme aquí para máis información sobre a proba.
- ¿Cando serán as Probas de Acceso?
As Probas realizaranse entre os días 06 e 07 de xuño. Podes ver todas as datas de interese no calendario das probas de acceso para o curso 2023-2024.
- ¿Qué preciso o día das Probas?
Os aspirantes deberán presentarse 15 minutos antes da realización da proba co seu D.N.I ou calquer outro documento que acredite a súa identidade. Non precisan nada máis.
- ¿Qué pasa si aprobo a Proba de Acceso?
O día 08 de Xuño ás 17:00 hs. publicarase na web e nos taboleiros do Centro a Lista de de Admitidos e a Lista de Espera.
Se estás Admitido poderás formalizar a matrícula entre o 09 e o 12 de xuño en horario de mañá.
O alumnado que non obteña praza na especialidade solicitada poderá escoller una das seguintes opcións:
1. Quedar na lista de espera da especialidade solicitada (que ten vixencia ata finais de setembro) á expectativa de que haxa algunha vacante libre.
2. Elixir unha nova especialidade, de entre as vacantes que queden sen cubrir, perdendo toda posibilidade de escoller a especialidade solicitada no momento da inscrición na proba.
- ¿Qué pasa se non supero a Proba de Acceso?
De non superar a Proba de Acceso podes volver a presentarte unha segunda vez. O límite de intentos para superar a Proba de Acceso é de dous.
Neste suposto recomendámoste que fales co persoal do Centro para ter información máis precisa das túas opcións.