Skip to Content

Preguntas Frecuentes - Probas de Acceso a 1º de Grao Profesional

PREGUNTAS FRECUENTES

PROBA DE ACCESO A 1º DE GRAO PROFESIONAL

 

§ 

¿Qué requisitos debo reunir para poder presentarme?

Básicamente debes ter coñecementos do Instrumento e de Linguaxe Musical. Trátase dunha proba a 1º de Grao Profesional polo que é necesario unha formación axeitada a ese nivel. Preme aquí e poderás ver os Criterios de Avaliación de cada especialidade instrumental e da proba de Linguaxe Musical. Preme aquí e poderás ver o listado de obras orientativas da proba de cada especialidade instrumental. Preme aquí e poderás ver os Contidos da proba de Linguaxe Musical.

 

§ 

¿Teño qué ter rematado o grao Elemental para poder presentarme?

Non, non é necesario ter rematado, nin ter cursado ningún curso do Grao Elemental.

 

§ 

¿A qué idade me podo presentar?

A calquera idade. Non hai idade mínima nin máxima no caso de acceso ao Grao Profesional.

 

§ 

¿Teño que pagar por realizar a Proba de Acceso?

Non, a inscripción para as Probas de Acceso no Conservatorio Profesional de Música de Tui é TOTALMENTE GRATUITA.

 

§ 

¿Cándo me podo inscribir para as Probas?

Podes Inscribirte dende o 20 de abril ata o 6 de maio (ambos inclusive). Podes ver todas as datas de interese no calendario das probas de acceso para o curso 2023-2024.

 

§ 

¿Qué teño que facer para Inscribirme?

Simplemente cubrir o formulario de Inscripción, ben a través da nosa páxina Web ou presencialmente na oficina do Centro. Aquí poderás realizar a Inscripción para as Probas de Acceso a 1º de grao Profesional para o curso 2023-2024 a través da Web, é moi sinxelo. Tamén podes chamar aos teléfonos 986604404 e 687249957. Por último, tamén é posible cubrir este formulario (clik para descargar) a man, escanealo e envialo por correo electrónico a: cmus.profesional.tui@edu.xunta.es ou a conservatorio@tui.gal.

 

§ 

¿En qué consiste a Proba de Acceso?

As probas de acceso serán xulgadas por un tribunal constituído para tal efecto por profesores do Centro designados pola dirección. Estas probas estrutúranse en dúas partes; a primeira de carácter práctico que avalía a interpretación instrumental, e a segunda que avalía os coñecementos teóricos e prácticos da linguaxe musical.

Debes acadar unha nota positiva (mínimo 5) en cada unha das dúas partes para poder superar a Proba de Acceso. Preme aquí e poderá ver as listas orientativas de cada especialidade, e aquí os Contidos de LM.

 

§ 

¿Cando serán as Probas de Acceso?

As Probas realizaranse entre o 31 de maio e o 2 de xuño. Podes ver todas as datas de interese no calendario das probas de acceso para o curso 2023-2024.

 

§ 

¿Qué preciso o día das Probas?

Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e do xustificante da matrícula para as probas de acceso (que será enviado por correo electrónico no caso de todas as inscricións que NON sexan presenciais), así como unha copia das partituras para a súa interpretación perante o Tribunal.

Para a proba de Linguaxe Musical precisarás ademais un lapis, bolígrafo azul e goma, tamén diapasón e reloxo se o desexas.

Para a de Instrumento debes traer as partituras que vas a interpretar, o acompañamento se as obras o requiren, e 1 copia das mesmas para o tribunal.

 

§ 

¿Para a proba instrumental preciso acompañamento?

Dependerá das obras que interpretes ou do instrumento que toques.

Se tocas obras que son para o teu instrumento só, non. (Por exemplo, se tocas a guitarra ou o piano, as túas obras non teñen acompañamento de piano. Ou tampouco se tocas outro instrumento pero as obras que preparaches son para instrumento só). Pero si as túas obras teñen parte de acompañamento de piano, entón si tes que interpretalas con pianista acompañante. Para axudar aos aspirantes que o precisen, o centro asignará de xeito totalmente gratuíto a todos os aspirantes que o soliciten, un pianista acompañante que o acompañará na proba con dous ensios previos de 30 min cada un. Estos ensaios realizaranse en días anteriores á proba que se concretarán có aspirante unha vez acabe o prazo de inscrición.

 

§ 

¿Qué pasa si aprobo a Proba de Acceso?

O día 5 de Xuño ás 17:00 hs. publicarase na web e nos taboleiros do Centro a Lista de de Admitidos e a Lista de Espera.

Si estás Admitido poderás formalizar a matrícula entre o 6 e 9 de xuño presencialmente en horario de mañá. Se estás na Lista de Espera deberás agardar a que te chamen, ven nun chamamento en Xuño-Xullo ou en Setembro no caso de que quede algunha praza vacante.

 

§ 

¿Qué pasa se non supero a Proba de Acceso?

De non superar a Proba de Acceso podes volver a presentarte unha segunda vez. O límite de intentos para superar a Proba de Acceso é de dous nun mesmo centro.

Pero recomendámoste que fales co persoal do Centro para ter información máis precisa das túas opcións.



blog | by Dr. Radut