Proba de Aptitude de acceso a 1º de Grao Elemental
O procedemento de acceso ao 1º curso de grao elemental atenderá exclusivamente á avaliación das aptitudes musicais das persoas aspirantes e á idade idónea para iniciar os seus estudos nas especialidades instrumentais.
A proba para avaliar as aptitudes musicais incluirá os seguintes aspectos:
a) Exercicio para avaliar a aptitude rítmica.
b) Exercicio para avaliar a aptitude auditiva e vocal.
c) Exercicio para avaliar a aptitude psicomotriz.
A realización destes exercicios efectuarase de xeito que ningún deles teña carácter eliminatorio. A valoración realizarase considerando tanto cada un dos aspectos sinalados no punto anterior como o conxunto da proba globalmente.
A cualificación global final será de 1 a 10 puntos, ata un máximo de un decimal, sendo necesario, en calquera caso, obter como mínimo a cualificación de 5 puntos para superar a proba.
A continuación pódense observar varios exemplos de exercicios propostos para esta proba:
1º exemplo
Este exercicio ten como obxectivo avaliar as aptitudes auditivo-melódicas do/a aspirante.
O exercicio consiste na escoita de 4 intervalos que o profesor tocará no piano unha soa vez e no que o aspirante deberá distinguir a dirección dos mesmos (sube, baixa ou igual).
2º exemplo
Este exercicio ten como obxectivo avaliar a capacidade do aspirante para percibir e exteriorizar o ritmo e o pulso.
O exercicio consiste na escoita de 2 melodías nas que o aspirante terá que acompañar con movemento (desfilando e con palmas) ao ritmo da melodía. A melodía soará através dun dispositivo electrónico.
3º exemplo
Este exercicio ten como obxectivo avaliar as aptitudes rítmicas do/a aspirante.
O exercicio consiste na escoita de 2 ritmos que o profesorado realizará dúas veces coas palmas e que despois o aspirante deberá repetir.
4º exemplo
Este exercicio ten como obxectivo avaliar as aptitudes rítmicas e psicomotrices do/a aspirante.
O exercicio consiste na escoita de 2 ritmos que o profesorado realizará dúas veces con percusión corporal e que despois o aspirante deberá repetir.
a) Pé dereito - Pé esquerdo – 2 palmas- Tocar hombros.
b) Pé esquerdo (dúas corcheas) - Palmas (negra) - Pé dereito (dúas
corcheas) - Palmas (negra)
5º exemplo
Este exercicio ten como obxectivo avaliar as aptitudes auditivo-rítmico-melódicas do/a aspirante.
O exercicio consiste na escoita de unha secuencia rítmica e de unha secuencia melódica que o profesor reproducirá unha soa vez e nas que o aspirante deberá distinguir se son iguais ou diferentes.
6º exemplo
Este exercicio ten como obxectivo avaliar as aptitudes melódicas do/a aspirante.
O exercicio consiste na escoita de 2 pequenos fragmentos melódicos que o profesorado entoará dúas veces coa sílaba "NA" e que despois o aspirante deberá repetir.
7º exemplo
Este exercicio ten por obxectivo comprobar a capacidade do aspirante para aplicar as súas técnicas de entoación e precisión na afinación ao interpretar unha canción libremente escollida polo aspirante.
No caso de que a canción escollida non permita a súa valoración se lle pedirá que cante unha canción popular, infantil ou tradicional que o aspirante coñeza.