Skip to Content

En qué consiste (1ºGP)

    

     En que consiste?

     O xeito máis habitual de acceder a un Conservatorio profesional é mediante a Proba de Acceso Ordinaria a 1º de Grao Profesional que se realiza sempre no mes de Xuño.

       Esta proba está regulada, na nosa comunidade autónoma, pola Orde do 28 de Xullo de 2008 e polo Decreto 203/2007, do 27 de setembro.

       Todo/a alumno/a interesado/a deberá realizar unha inscripción neste Centro. O prazo de inscripción farase público nesta web e non será nunca antes do mes de maio.

        A proba constará de dúas partes:

a) Interpretación, no instrumento da especialidada a que opte, de tres obras pertencentes a distintos estilos, das que, como mínimo, unha deberá interpretarse de memoria. Este exercicio calificarase de cero a dez puntos e precisará unha calificación mínima de cinco puntos para superalo.

b) Exercicio para evaluar a capacidade auditiva do alumnado e os sus coñocementos teórico-prácticos do Linguaxe musical. Este exercicio calificarase de cero a dez puntos, e precisará unha calificación mínima de cinco puntos para superalo.

        A puntuación definitiva da proba ce acceso será a media ponderada da cualificación obtida en ambos os exercicios. Para estes efectos ponderarase o primeiro deles nun 70 por cento, e o segundo nun 30 por cento.

 

      Tribunal

     As probas de acceso serán xulgadas por un tribunal constituído para tal efecto por profesores do centro designados pola Dirección.

       O tribunal de acceso ao primeiro curso estará constituído por tres profesores do centro e nel figurarán polo menos un profesor de linguaxe musical e outro da especialidade instrumental correspondente.

       Os exercicios correspondentes á parte de linguaxe musical serán iguais para todos os candidatos e para todos os tribunais das distintas especialidades. Non obstante, no caso de que sexa precisa máis dunha sesión para esta proba, os correspondentes exercicios deberán ser distintos.

    No caso de que a proba de carácter práctico (interpretación instrumental) requira da participación dalgún tipo de acompañamento musical, ben sexa pianístico ou para música de cámara, este correrá a cargo do aspirante á praza.

    Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e do xustificante da matrícula, así como das partituras orixinais para a súa interpretación perante o tribunal.

     Os aspirantes serán convocados para a proba nun único chamamento, e excluirase dela quen non compareza. Non obstante, poderanse considerar os casos de forza maior, debidamente xustificados e apreciados polo tribunal, para os efectos dun posterior chamamento. A non asistencia á proba suporá a perda da correspondente convocatoria.

 

      Publicación dos resultados.

      As cualificacións obtidas nestas probas, que deberán facerse públicas no taboleiro de anuncios do centro. O Servizo Provincial de Inspección educativa, no exercicio das súas competencias, poderá efectuar un seguimento e supervisión da realización das probas de acceso.

     Se o número de solicitantes é superior ao de prazas ofertadas, a adxudicación destas realizarase por orde de puntuación na proba de acceso e, de ser igual a cualificación, desempatarase pola puntuación obtida na primeira parte desta proba (proba instrumental). Os centros poderán establecer unha lista de suplentes por orde de puntuación acadada co obxecto de cubrir posibles baixas.

     A obtención dunha das prazas ofertadas dá dereito a matricularse exclusivamente no correspondente curso académico no centro no que se realizou a proba de acceso. 

 

 



page | by Dr. Radut