Preguntas frecuentes probas de acceso a Cursos Intermedios do Grao Elemental
- ¿Qué requisitos debo reunir para poder presentarme?
Básicamente debes ter entre 8 e 14 anos cumpridos ou por cumprir no ano natural. Ademais, é preciso ter coñecementos de Instrumento e de Linguaxe Musical do curso inferior ao que se pretende acceder. Por exemplo, se se quere acceder a 3º de Grao Elemental é necesario acreditar un nivel de 2º nas probas de acceso.
- ¿Teño que pagar por realizar a Proba de Acceso?
Non, a inscripción para as Probas de Acceso no Conservatorio de Tui é GRATUITA.
- ¿Cándo me podo inscribir para as Probas?
Podes Inscribirte dende o 10 ata o 25 de maio. Podes ver todas as datas de interese no calendario das probas de acceso para o curso 2023-2024.
- ¿Qué teño que facer para Inscribirme?
Simplemente cubrir o formulario de Inscripción, ben a través da nosa páxina Web ou presencialmente na oficina do Centro. Aquí poderás realizar a Inscripción para as Probas de Acceso a cursos intermedios do grao Elemental para o curso 2023-2024 a través da Web, é moi sinxelo. Tamén podes chamar aos teléfonos 986604404 e 687249957.
- ¿En qué consiste a Proba de Acceso?
En tódalas especialidades as probas constarán de dous exercicios, que terán carácter eliminatorio e consistirán en:
a) Interpretación de dúas obras de libre elección e unha obra ou exercicio a primeira vista proposto polo tribunal. Para concorrer ás probas de acceso, naquelas obras que así o requiran, os aspirantes deberán aportar os seus músicos acompañantes. O Conservatorio de Tui pon a disposición dos alumnos aspirantes de xeito totalmente gratuito un pianista acompañante para a realización da proba con dereito a dous ensaios previos de media hora cada un.
b) Exercicio teórico-práctico para avaliar a capacidade auditiva e vocal, así como os coñecementos de linguaxe musical.
No desenvolvemento das probas, o exercicio instrumental farase en primeiro lugar. Cada exercicio puntuarase de 1 a 10 puntos. Necesitarase un mínimo de 5 puntos en cada un deles para considerar a cualificación como positiva. Unha vez superados os dous exercicios, procederase ao cálculo da media ponderada, que se axustará aos seguintes porcentaxes:
a) Interpretación instrumental: 60 por cento.
b) Exercicio auditivo, vocal e de linguaxe musical: 40 por cento.
- ¿Cando serán as Probas de Acceso?
As Probas realizaranse entre os días 12 e 13 de xuño. Podes ver todas as datas de interese no calendario das probas de acceso para o curso 2023-2024.
- ¿Qué preciso o día das Probas?
Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e do xustificante da matrícula para as probas de acceso (que será enviado por correo electrónico no caso de todas as inscricións que NON sexan presenciais), así como unha copia das partituras para a súa interpretación perante o Tribunal.
Para a proba de Linguaxe Musical precisarás ademais un lapis, boli azul ou negro e goma.
Para a de Instrumento debes traer as partituras que vas a interpretar, o acompañamento se as obras o requiren, e 1 copia das mesmas para o tribunal.
- ¿Qué pasa si aprobo a Proba de Acceso?
O día 14 de Xuño ás 17:00 hs. publicarase na web e nos taboleiros do Centro a Lista de Admitidos e a Lista de Espera.
Se estás Admitido poderás formalizar a matrícula entre o 14 e o 16 de xuño en horario de mañá.
O alumnado que non obteña praza na especialidade solicitada quedará na lista de espera da especialidade solicitada (que ten vixencia ata finais de setembro) á expectativa de que haxa algunha vacante libre.
- ¿Qué pasa se non supero a Proba de Acceso?
De non superar a Proba de Acceso podes volver a presentarte unha segunda vez. O límite de intentos para superar a Proba de Acceso é de dous.
Neste suposto recomendámoste que fales co persoal do Centro para ter información máis precisa das túas opcións.