Convalidacións Bacharelato (GP)

As validacións de materias de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato con materias de Ensinanzas Profesionais de Música atópanse reguladas, na actualidade, por:

  • Real Decreto 242/2009, do 27 de Febreiro (BOE 28 de Febreiro de 2009)
  • Orde do 07 de Xullo de 2010 (DOG 15 de Xullo de 2010)
  • Instruccións da Dirección Xeral de Educación de 24 de Setembro de 2015.

Cada Materia só podera ser utilizada unha unica vez para as validacións que aquí se estipulan.

O procedemento para as validacións atópase recollido no Artigo 7º da orde do 07 de Xullo de 2010. 

As materias que se poden validar son as seguintes:

 

VALIDACIÓNS DE ESO

Materia Validadora

Materia e Curso que se pode validar

 

Materia de Instrumento de 1º Curso de GP.

 

 

Música de 1º a 3º da ESO

 

Materia de Instrumento de 2º Curso de GP.

 

 

Música de 4º da ESO

 

 

Proba de Acceso a calquera dos cursos de Grao Profesional

 

1 materia Optativa dun curso da ESO 

(Se a materia optativa é de 1º da ESO entenderase referida a unha materia de libre configuración)

(Se materia optativa é de 3º da ESO entenderase referida a unha das materias específicas de Opción, véase Cultura Clásica ou Segunda Lingua Estranxeira)

 

 

 

Linguaxe Musical dun curso de Grao Profesional

 

1 materia Optativa de 3º ou 4º da ESO 

(Se materia optativa é de 3º da ESO entenderase referida a unha das materias específicas de Opción, véase Cultura Clásica ou Segunda Lingua Estranxeira)

 

 

VALIDACIÓNS DE BACHARELATO

 

Materia Validadora

Materia e Curso que se pode validar

 

Materia 1º curso de Orquesta, Banda ou Coro

 

1 materia Optativa de 1º de Bacharelato 

(Entenderase referida a unha das materias específicas de opción e libre configuración)

 

 

Materia 2º curso de Orquesta, Banda ou Coro

 

 

1 materia Optativa de 2º de Bacharelato

 

 

Materia 2º curso de Harmonía

Materia Análise Musical I

Materia 1º curso de Análise

Materia Análise Musical II

Materia 1º e 2º de Historia da Música

Materia Historia da Música e da Danza

Materia Instrumento 3º curso de GP.

Materia Linguaxe e Práctica Musical