Skip to Content

Cursos Intermedios Regrados (1º-4º)

 O acceso ós cursos INTERMEDIOS regrados(1º-4º) está pensado para alumnos que xa teñen formación musical previa, tanto instrumental coma teórica.

Os alumnos, de este caso, que desexen acceder á Escola de Música deberá cubrir unha solicitude de praza e presentala por Rexistro nas oficinas do Centro durante todo o ano.

 

Os alumnos que queiran acceder a un curso “regrado” da Escola realizarán una clase de proba co profesor da Especialidade e de Linguaxe Musical para ver o nivel de cada alumno. Despóis das probas o Equipo Directivo elaborará una Lista de Entrada cos informes dos mestres de ditas probas.

Estas probas realizaranse na derradeira semana de xuño ou primeira de xullo, ou incluso en setembro.

 

Unha vez confeccionada  a Lista de Espera, no período de matriculación estipulado polo Equipo Directivo (xuño-xullo), comunicarase o número de alumnos admitidos, quedando o resto nunha Lista de Espera que podería volver a moverse en Setembro-Outubro.



page | by Dr. Radut