Normativa

NORMAS DE ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO:

 

Do alumnado

Capítulo 1. Dereitos

Artigo 7

Sen menoscabo dos dereitos recoñecidos pola lexislación vixente, recoñécense os seguintes dereitos ao alumnado:

●    

O alumnado ten os mesmos dereitos, sen máis distinción que os derivados da súa idade e das ensinanzas que estean cursando.

●   O exercicio dos dereitos do alumnado debe implicar o recoñecemento e respecto dos dereitos de todos os membros da comunidade educativa.

●  O alumnado ten dereito a recibir una formación que asegure o pleno desenvolvemento da súa personalidade.

●  O alumnado e as familias teñen dereito a que o Centro garde absoluta reserva de toda aquela información de que dispoña acerca das circunstancias persoais.

●   O alumnado ten dereito a que se lles respecte a súa liberdade de conciencia, as súas conviccións relixiosas ou ideolóxicas, así como a súa intimidade respecto ás mesmas.

● O alumnado ten dereito a recibir a información que poida afectarlles e, especialmente, a orientación académica e profesional axeitada para acadar o máximo desenvolvemento persoal, social e profesional, segundo as súas capacidades, aspiracións ou intereses.

●  O alumnado ten dereito a que a súa actividade académica se desenvolva nas debidas condicións de seguridade e hixiene.

●  O alumnado ten dereito a que se lle respecte a súa integridade física e moral e a súa dignidade persoal, non podendo ser obxecto, en ningún caso, de tratos vexatorios ou degradantes, discriminación por razón de nacemento, raza, relixión ou condición sexual.

● Cando non se respecten os dereitos do alumnado, ou cando calquera membro da comunidade educativa impida o efectivo exercicio de ditos dereitos, o órgano competente adoitará as medidas oportunas conforme ao disposto na lexislación vixente, previa audiencia dos interesados e consulta, cando proceda, ao Consello Escolar.

 

Artigo 8. Actuación en caso de accidente

En caso de producirse accidente dun alumno ou alumna durante a súa actividade lectiva, será atendido inmediatamente polo/a profesor/a que, nese momento o teña ao seu cargo o cal dará traslado da situación ao Equipo Directivo. O Equipo Directivo comunicará o feito aos pais/nais ou titores legais e acordarán as medidas oportunas. As citadas medidas irán canalizadas do seguinte xeito:

➢  En caso de urxencia, aviso aos servizos de emerxencia.

➢ En caso de imposibilidade de que a familia poidese facerse cargo do alumno ou alumna, intentarase que sexa atendido/a por persoal médico no propio Centro.

➢ Se o accidente se producise fóra do Centro, durante a celebración de algunha actividade complementaria, o profesorado responsable tomará as medidas oportunas debendo comunicar inmediatamente á dirección o sucedido para que esta adoite as medidas necesarias que estime oportunas, entre as que estará sempre a de informar á familia do sucedido á maior brevidade posible.

Se o accidente sufrido polo/a alumno/a require realizar un Parte de Accidente para a reparación dos danos, é necesario que o profesor que coñeza o caso realice un informe o máis detallado posible de dito accidente.

 

Artigo 9. Da transmisión da información e as posibilidades de reclamación de cualificacións

O alumnado estará a cargo dun/dunha profesor/a titor/a, que será o/a profesor/a da especialidade instrumental correspondente.

O alumnado terá dereito a coñecer os horarios da titoría e recibir orientación académica e profesional que lle permita comprender os estudos do Conservatorio e posibilite eventualmente a súa inserción en estudos superiores, así como no mundo da música profesional.

A fin de garantir a función formativa que ten que ter a avaliación e lograr unha maior eficacia no proceso de aprendizaxe do alumnado, o profesorado titor, e na medida do posible o resto do profesorado, manterán una comunicación fluída con estes e as súas familias no relativo ás valoracións sobre o aproveitamento académico do alumnado e a marcha do seu proceso de aprendizaxe, así como das decisións que se adoiten como resultado de dito proceso, velando pola eficacia de transmisión da información entre o alumno e os pais/nais ou titores legais.

O alumnado, e no seu caso os pais/nais ou titores legais, que estivesen en desacordo coas cualificacións finais, teñen o dereito de reclamar as mesmas segundo a lexislación vixente, recollido na Orde do 8 de febreiro de 2008 pola que se regula a avaliación e cualificación do alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música, Capítulo II Artigo 6º.

“Artigo 6º.-Procedemento para formular reclamacións sobre os resultados finais da avaliación.

1. Co fin de garantir o dereito do alumnado a que o seu rendemento sexa avaliado conforme criterios obxectivos, o interesado ou interesada ou os seus representantes legais poderán reclamar ante a dirección do centro, nun prazo de 5 días, contra as cualificacións finais ou da proba extraordinaria, cando consideren que a cualificación se outorgou sen a obxectividade requirida debido a:

a) Inadecuación da proba proposta en relación cos obxectivos e contidos da materia sometida a avaliación e co nivel previsto na programación polo órgano didáctico correspondente.

b) Incorrecta aplicación dos criterios de avaliación establecidos na mesma programación didáctica.

2. No suposto de reclamación contra as cualificacións finais ou da proba extraordinaria, o director ou directora do centro someteraas ao departamento correspondente, que poderá ratificarse na cualificación outorgada ou estimar a procedencia de rectificar a cualificación reclamada.

3. No suposto de que o departamento desestime a reclamación, o interesado ou interesada poderá instar para que a dirección remita o expediente á delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria que, logo do informe do servizo provincial de inspección educativa, ditará a resolución procedente.

4. Co obxecto de evitar atrasos na resolución das reclamacións que puidesen prexudicar os interesados, deberán observarse os seguintes prazos:

a) O director ou directora deberá resolver a reclamación presentada no prazo de cinco días naturais.

b) No caso de ter que enviar o expediente á delegación provincial, se tramitarase no prazo de 48 horas.

c) O delegado ou delegada provincial recibirá o informe da inspección educativa e resolverá no prazo máximo de 10 días naturais, desde a entrada do expediente na delegación provincial.

5. Contra a resolución do delegado ou delegada provincial poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, na forma e prazos establecidos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.”

O Conservatorio/Escola está obrigado a gardar reserva sobre toda aquela información acerca das circunstancias persoais e familiares do alumnado. Con todo, o Centro comunicará ás autoridades competentes as circunstancias que podan implicar malos tratos para o alumno/a ou calquera outro incumprimento dos deberes establecidos polas leis de protección dos menores.

 

Capítulo 2. Deberes

Artigo 10

O estudo constitúe o deber básico do alumnado e concéntrase nas seguintes obrigas:

  • Asistir a clase con puntualidade e participar nas actividades orientadas ao desenvolvemento dos plans de estudo.
  • Respectar e cumprir cos horarios aprobados para o desenvolvemento das actividades do Centro.
  • Seguir as orientacións do profesorado respecto á súa aprendizaxe e amosar ao profesorado o debido respecto e consideración.
  • Respectar o exercicio de dereito ao estudo dos/as compañeiros/as.
  • Coñecer e respectar o carácter e función das ensinanzas que se imparten nun Conservatorio Profesional de Música e darlle a prioridade que merecen, ademais da outorgada pola Lei ás ensinanzas de Réxime Xeral.
  • Cumprir os obxectivos e tarefas que se expoñan nas clases nas que se produce falta de asistencia.
  • Respectar e cumprir as decisión dos órganos unipersoais e colexiados do Centro adoitadas no exercicio das súas competencias e de acordo coa normativa.
  • Respectar as instalacións, o patrimonio e os medios instrumentais do Conservatorio, e observar rigorosamente as normas establecidas nas presentes normas no que atinxe á utilización do material e equipamento do Centro.
  • Entregar aos seus pais, nais ou representantes legais todas as notificacións que o Conservatorio lles faga chegar.
  • Respectar as normas de convivencia do Centro.
  • Levar consigo o material necesario.

 

Artigo 11. Hixiene e vestido

Como norma sanitaria básica o alumnado debe asistir ao Centro en debidas condicións de aseo persoal.

Especial atención deberá poñerse na participación en audicións. A audición é un concerto para o alumnado e debe entenderse como tal en todos os aspectos. Por iso, o vestiario deberá coidarse especialmente cando o alumnado participe como intérprete nas audicións programadas polo profesorado ou polo departamento correspondente.

Por seguridade e respecto a actividade lectiva do centro, está prohibida a utilización das seguintes prendas e obxectos:

-      

Calquera tipo de calzado que inclúa rodas.

-      

Calquera tipo de prenda que desprenda luces.

 

Capítulo 3. Asistencia

Artigo 12

A asistencia ás actividades lectivas programadas (clases, audicións, probas, etc.) é obrigatoria, constituíndo un compromiso do alumnado co Centro e coa súa propia formación. A incidencia das faltas de asistencia ten especial influencia nas clases de grupo por canto a ausencia reiterada do alumnado determina de forma negativa o desenvolvemento da programación. Esta influencia faise máis patente en materias como Música de Cámara, Coro, Banda ou Orquestra; o normal desenvolvemento das clases depende da participación de todos os membros do grupo.

É obriga do alumnado acudir ás clases puntualmente. No caso do alumnado menor de idade esta obriga implica aos pais, nais ou titores quen serán responsables de que os seus/súas fillos/as acudan ao Centro á hora indicada no seu horario de clase e abandonen o mesmo ao finalizar o seu período lectivo persoal.

O alumno asistirá ás clases co teléfono movil desconectado ou en silencio dentro do horario lectivo. Esta norma aplicarase para calquer outro dispositivo electrónico.

Naqueles períodos de tempo en que, por necesidades organizativas, o alumnado se vexa na obriga de permanecer no Centro sen horario de clase asignado, poderá permanecer na biblioteca do Centro (durante o horario de apertura da mesma) en caso de non contar con cabina asignada. Nestes tempos non lectivos, non é responsabilidade do profesorado atender a este alumnado.

En calquera caso, a permanencia no Centro obriga a un comportamento que se manteña sempre dentro da corrección e o respecto ao desenvolvemento da actividade propia do centro.

O alumnado deberá abandoar o centro ao fin das súas actividades lectivas e, en todo caso, ao fin do horario lectivo xeral do Centro. O alumnado menor de idade será recollido polo seu pai, nai ou titor legal con absoluta puntualidade. Cando se produza un retraso na recollida dos alumnos, éstes deberán informar ó seu profesor, administrativa ou membro do equipo directivo da incidencia e permanecer no Centro ata a súa recollida polo adulto correspondente.

O Conservatorio deixará en mans da Policía ao alumnado menor de idade que non fose recollido polos seus pais/nais ou titores legais en caso de forza maior, debidamente comunicadas, á hora de peche do Centro. A medida adoptada terá carácter excepcional e supletoria no caso dunha emerxencia que poda acontecer aos pais ou titores legais dos alumnos menores de idade.

A asistencia a actividades complementarias extraescolares de grupo se entenden como un dereito do alumnado. O Centro entende a participación nestas actividades como un elemento formativo de vital importancia para os futuros profesionais da música.

As actividades complementarias son aquelas que se realizan no horario lectivo do alumnado e son voluntarias.

As actividades extraescolares son aquelas que se realizan fóra do horario lectivo do alumnado, e son voluntarias. Dadas as características das actividades que se realizan nun Conservatorio, como concertos onde hai alumnos que fan un papel solista, recoméndase vivamente a participación e o compromiso do alumnado.

Solicitarase ao alumnado participante nalgunha actividade extraescolar ou complementaria un compromiso por escrito da súa participación na mesma. O incumprimento de dito compromiso, considerarase como falta leve e será tratada como tal. En caso de que o incumprimento sexa en reiteradas ocasións, será tratado como unha falta grave.

En caso de imposibilidade de participar nas actividades extraescolares ou falta de vontade, habilitarase un protocolo de actividades alternativas como opción á realización da actividade extraescolar ou complementaria. Ditas actividades serán consideradas como actividades académicas para a mellora da cualificación.

Cando un alumno/a participe activamente na celebración de actividades complementarias e extraescolares, a súa asistencia e comportamento consideraranse como unha parte máis do proceso de aprendizaxe, e poderán ser consideradas para a mellora da cualificación por parte do profesorado responsable da súa organización.

O alumnado poderá participar, seguindo as indicacións do/a profesor/a titor/a en certames e concursos que se celebran no Centro ou en representación do mesmo. O profesorado proporá aos posibles aspirantes e dará o visto e prace á solicitude de participación.

 

 

Artigo 13. Perda do dereito á avaliación continua

O alumnado perderá o dereito á avaliación continua se, por calquera circunstancia, falta 4 veces no Trimestre a clase nas materias dunha sesión semanal ou 7 no caso de materias de dúas sesións semanais (sexan ou non xustificadas indistintamente). En calquera caso, as faltas que leven aparellada unha perda de avaliación continua deberán de estar perfectamente documentadas nos sistemas dos que dispón o Centro, das que deberá ter coñecemento oportuno a Xefatura de Estudos, xa sexa a través do seguimento do Plan Acción Titorial ou nas sesións de Comisión de Coordinación Pedagóxica.

A perda do dereito á avaliación continua en dúas ou máis materias, sendo unha delas a especialidade instrumental e con polo menos un 60% das faltas sen xustificar, terá a consideración de falta grave e aplicaranse as medidas correctoras correspondentes.

O alumnado que por faltas de asistencia perda o dereito á avaliación continua, perderá tamén o dereito adquirido sobre o horario das clases que acordou cos profesores/as ao inicio do curso, podendo dispoñer de ditos horarios outro alumno/a, sempre que a porcentaxe de faltas inxustificadas fora do 60% do total no trimestre e o 60% do total anual.

En caso de faltas xustificadas, o/a alumno/a será remitido aos acordos do departamento.

Queda a criterio do/a profesor/a, e no seu defecto do propio Departamento da materia, establecer as medidas que estime oportunas para avaliar ao alumnado en caso de perda de avaliación continua por causas xustificadas.

 

 En calquera caso, o alumnado sempre terá dereito a dúas convocatorias: a ordinaria de xuño e a extraordinaria de setembro.