Skip to Content

DÉCIMO SEGUNDO ANIVERSARIO DA EUROCIDADE TUI-VALENÇA

O Teatro Municipal de Tui acollerá hoxe, sábado 10 de febreiro ás 21 hs. un concerto co que Eurocidade Tui-Valença celebrará o seu décimo segundo aniversario.

En concreto participarán no evento un centenar de músicos pertencentes a alumnos de Grao Profesional do noso centro xunto coa Academia  de  Música  da  Fortaleza  de  Valença, á Asociación Musical  de  San Pedro da Torre e á Banda de Música Popular de Tui. Na súa actuación realizarán un percorrido musical a través das cancións máis coñecidas de Galicia e Portugal.

En concreto o repertorio a interpretar serán "Balada Galega" de Juan Montes;  "Reflexos Paisagísticos" e "Balada de Outono" de Bernardo Lima; "Alborada Galega"  de Pascual Veiga; "Grândola, vila morena"  de Zeca Afonso; "Unha Casa Portuguesa" con arranxos de Amilcar Morais; "Catro temas galegos"  de Manuel Mª Veiga;  "Cançoes de tradiçao"  de Luís Cardoso; "Que viva Tui" de José A. Veiga Paradis e "Havemos de ir a Viana" con arranxos de Alvaro de Sousa.

Deste xeito sobre o escenario quedará plasmado o intercambio musical de músicos dende as dúas beiras do Miño.

As entradas para este concerto poderanse retirar de balde dende ás 20 hs. no despacho de billetes no Teatro Municipal, cun máximo de dúas localidades por persoa.

Vinde a disfrutar con nós de boa música nesta data tan especial para a Eurocidade Tui-Valença!



blog | by Dr. Radut