Skip to Content

Blogue de Ruben

CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL DO CONSERVATORIO ELEMENTAL/PROFESIONAL E ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI

Este mércores 21 de decembro a partir das 20:00 hs. terá lugar o tradicional concerto solidario de nadal do Conservatorio Elemental, Profesional e Escola de Música de Tui deste nadal 2022.

Música de calidade e de todos os estilos interpretada por solistas, grupos de música de cámara, grupo de alumnos de música e movemento (5 e 6 anos), Coro do Grao Profesional, Big Band do Grao Profesional e Orquestra de corda do Grao Profesional e Elemental.

Ven a disfrutar da música e colabora con nós nun concerto no que cambiamos unha entrada por un kg/l de alimentos non perecedoiros, preferiblemente leite, aceite e cacao que serán entregados a asociación asistencial Sos Tomiño Baixo Miño, a cal se encargará de repartir os mesmos a toda a comunidade con máis dificultades de toda a contorna.

A recollida de entradas e entrega de alimentos realizarase o mesmo día a partir das 18:00 hs. e ata a hora do inicio do concerto (20 hs.) na entrada do teatro.

A entrega de notas para os alumnos do centro realizarase no hall do teatro a partir das 19:30 hs e ata as 20:00 hs.

VIVE O NADAL CON MÚSICA!!!

Concerto da Orquestra de corda do Grao Profesional no colexio Marista Santa María de Tui

O Próximo martes 20 de decembro ás 19:00 hs. terá lugar na capilla do Colexio Marista Santa María de Tui un CONCERTO SOLIDARIO a cargo da Orquestra de Corda e de grupos de música de cámara do Conservatorio Profesional de Música de Tui. Neste concerto interpretarase un programa moi variado e de moita calidade:

 

Programa

 

  • Helping Hands. Sergio Assad.
  • Farewell. Sergio Assad.
  • Costanera del estrecho. Javier Contreras.
  • Anacleto de Medeiros. Radamés Gnattali.

 

Guitarras. Pablo Ameijeiras López y Gabriel Silvera Marcoff.

 

  • Konzert Nº 1. Ernst Gottlieb Baron.

 

Violín, Lucía Ramírez Fernández. Viola David Lago Suárez, Guitarra. Pablo Ameijeiras López.    

 

  • Suite (Terence J. Thompson) 

 

           City Scenes

           A stroll in the city.

           Blowing the blues.

 

  • On your marques. Sthepen Davies.

 

Clarinetes María Fernández Iglesias, Débora Baz Casal, Nuria Núñez González, Andrea Ricón Viana.

 

  • Concierto en La Mayor K. 622. Wolfgang Amadeus Mozart. Adagio.

 

Clarinete. María Fernández Iglesias.

 

  • Bachianas Brasileiras Nº 5. Heitor Villa-Lobos.
  • Tanguedia III. Astor Piazzolla.
  • Mysty. Erroll Ganner. Arreglo Matthew Naughtin.
  • Tico tico. Zequiña de Abreu. Arreglo Matthew Naughtin.

Contrabaixo: Xóse Augusto González Domínguez. 


Frautas: Alejandra Lomba Fernández, Yago Pateiro Vásquez.


Violíns: Valeria Santamarina Costas, Ángela González Janeiro, Daniel González Estévez, Irene Pardo Varela, Lucía Ramírez Fernández. 


Violas: Pablo Rodríguez Rial, David Lago Suárez.

Violonchelos: Thai Leonor Otero Iglesias, Alejandra Cabaleiro Rodríguez, Laura Ramírez Fernández.

 

Entrada libre ata completar aforo a cambio dun Kg/L de alimentos non perecedoiros!!

Concertos Santa Icía 2022

NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES!!

 

CONCERTOS SANTA ICÍA 2022

O próximo martes 22 é o día de Santa Icía, patroa da música e dos músicos. Para festexar esta data tan importante para nós, o centro organiza dous días de concertos: 

  • Luns 21 ás 21:00 hs: concerto do departamento de piano na Sala de Audicións do centro.
  • Martes 22 ás 20:00 hs: concerto de todos os departamentos na Sala de Audicións do centro.

(Entrada libre ata completar aforo)

Se queredes escoitar boa música estades TODOS convidados a festexar con nós esta data tan especial!!

BECAS MUNICIPAIS PARA AXUDAS ÁS ENSINANZAS MUSICAIS QUE SE IMPARTEN NO CONSERVATORIO E NA ESCOLA DE MÚSICA DE TUI

A partir do mércores 19 de outubro e ata o mércores 16 de novembro de 2022 (incluído) ábrese o prazo para solicitar as becas municipais para axudas aos estudos artísticos musicais que se imparten no noso centro educativo correspondentes ao curso 2021/2022. As bases completas con toda a información do proceso e o extracto da publicación no boppo pódense consultar nas dúas ventás inferiores ou descargarse no anexo inferior deste artigo. Tamén pódese descargar no anexo inferior a solicitude para as becas e a declaración responsable.

Lémbrase que o centro atenderá calquera dúbida, consulta ou petición de axuda para cumplimentar e entregar toda a documentación deste proceso durante o seu horario de secretaría: 

Luns de 9:00 a 13:00 hs. e de 15:00 a 18:00 hs.

De Martes a Venres en horario de 15:00 a 20:00 hs.

Comezo da Actividade Lectiva no Cmus/Esmu Tui CURSO 2022

Hoxe, 8 de setembro de 2022

comeza a actividade lectiva

no Conservatorio Elemental,

Profesional e Escola de

Música de Tui. 

 

De seguro que será un gran

curso marcado pola volta á

normalidade despois da

pandemia. 

 

                                COMEZAMOS!!!!!

Reunións da entrega de horarios para o curso 2022-2023

Reunións de inicio de curso e entrega de horarios para o curso 2022-2023

CURSO

DÍA

HORA

AULA

Música e Movimiento

Martes 6 de setembro

16:30

Aula 10

Iniciación e Intermedio

Martes 6 de setembro

16:30

Sala de Audicións

1º de Grao Elemental

Martes 6 de setembro

17:30

Aula 10

2º de Grao Elemental

Martes 6 de setembro

17:30

Sala de Audicións

3º e 4º de Grao Elemental

Martes 6 de setembro

19:00

Sala de Audicións

Práctica Instrumental

Martes 6 de setembro

19:00

Aula 10

1º de Grao Profesional

Mércores 7 de setembro

16:00

Sala de Audicións

2º y 3º de Grao Profesional

Mércores 7 de setembro

16:30

Aula 10

4º y 5º de Grao Profesional

Mércores 7 de setembro

18:30

Sala de Audicións

6º de Grao Profesional

Mércores 7 de setembro

18:00

Aula 10

Actuación da Big Band do Conservatorio Profesional dentro da programación "Tui con orgullo"

Hoxe, venres 1 de xullo no Paseo da Corredoira ás 21:30, terá lugar a actuación da Big Band do Conservatorio Profesional dentro da programación do Concello de Tui "Tui con orgullo". A Big Band interpretará os seguintes temas:

Resultados das probas de acceso ao Grao Elemental para o curso 2022-2023

1º DE GRAO ELEMENTAL

 

2º, 3º E 4º DE GRAO ELEMENTAL

DESCARGA DOS ARQUIVOS NO ANEXO INFERIOR

Resultados das probas de acceso a cursos intermedios do Grao Profesional para o curso 2022-2023

DESCARGA DO ARQUIVO NO ANEXO INFERIOR

Distribuir contido


by Dr. Radut