Skip to Content

Concerto ETXE QUARTET

 Hoxe, 28 de abril ás 20:30 hs. na Sala de Audicións do centro con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar o concerto de "ETXE QUARTET"

O cuarteto de saxofóns, Etxe Quartet, integrado por Miguel Bargiela (saxofón soprano), Gemma Mestres (saxofón alto), Noelia Fraga (saxofón tenor) e Jorge Ferreira (saxofón barítono) nace como agrupación para a materia de música de cámara do Conservatorio Superior de música de Vigo. O seu nome fai referencia ao termo vasco exte que en galego significa casa, palabra coa que os membros se encontran moi vinculados xa que todos eles senten unha grande admiración pola súa terra natal.

Os estilos musicais que abranguen van dende o primeiro cuarteto de saxofóns do século XIX ata obras de recente creación, amosando así un amplo repertorio. A interese por ampliar a súa formación non só queda no centro, senón que tamén asisten a numerosas masterclass con profesores de recoñecemento internacional. Amais, participan en xornadas musicais como o Blended Intensive Programme en Tilburg (Países Baixos) entre outros. 

 

 

PROGRAMA

 

-Ciudades.........................G.Lago

               I. Córdoba

-Premier Quatour.........J.B.Singelée

-Mute Materie................N.Vassena

-Sikuri I...........................J.Arroyo

-Patchwork........................P.Geiss

-Suite Hellénique............P.Iturralde

 


blog | by Dr. Radut