Skip to Content

CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL DO CONSERVATORIO ELEMENTAL/PROFESIONAL E ESCOLA DE MÚSICA MUNICIPAL DE TUI

Este mércores 21 de decembro a partir das 20:00 hs. terá lugar o tradicional concerto solidario de nadal do Conservatorio Elemental, Profesional e Escola de Música de Tui deste nadal 2022.

Música de calidade e de todos os estilos interpretada por solistas, grupos de música de cámara, grupo de alumnos de música e movemento (5 e 6 anos), Coro do Grao Profesional, Big Band do Grao Profesional e Orquestra de corda do Grao Profesional e Elemental.

Ven a disfrutar da música e colabora con nós nun concerto no que cambiamos unha entrada por un kg/l de alimentos non perecedoiros, preferiblemente leite, aceite e cacao que serán entregados a asociación asistencial Sos Tomiño Baixo Miño, a cal se encargará de repartir os mesmos a toda a comunidade con máis dificultades de toda a contorna.

A recollida de entradas e entrega de alimentos realizarase o mesmo día a partir das 18:00 hs. e ata a hora do inicio do concerto (20 hs.) na entrada do teatro.

A entrega de notas para os alumnos do centro realizarase no hall do teatro a partir das 19:30 hs e ata as 20:00 hs.

VIVE O NADAL CON MÚSICA!!!



blog | by Dr. Radut