Skip to Content

Blogues

Actuacións das alumnas do Conservatorio e da Escola de Música de Tui na gala da muller 2022!

Actuacións da Gala da muller 2022 "Mulleres de onte, hoxe e mañá" coa participación de alumnas do Conservatorio e Escola de Música de Tui (Clik neste título para ver todas as actuacións)

“Se eu achase a palabra” de Patricia Goberna García.

Coro infantil feminino da Escola de Música de Tui. Ao piano Patricia Goberna García, ao clarinete Mayra Vila e Débora Baz, ao violín Clara Canosa y Lucía Ramírez e ao violonchelo Laura Ramírez

Dirixe o coro a profesora Ruth Natalia Lago Antolín

Gala da muller 2022 "Mulleres de onte, hoxe e mañá" coa participación de alumnas do Conservatorio e Escola de Música de Tui

O Concello de Tui vai render mañá sábado, 26 de marzo, homenaxe a cinco mulleres tudenses. Será na Gala da Muller 2022 que se vai celebrar ás 20 h no Teatro Municipal de Tui presentada por Mónica Sueiro. 

Nesta Gala recoñecerase a presenza da muller na música a través do concerto que ofrecerán alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Escola de Música Municipal interpretando pezas musicais de compositoras femininas coma Patricia Goberna, María Mendoza, Cécile Chaminade, Clemence de Grandval, entre outras. Así ao longo da gala actuarán en solidario ou formando dúos Sara Quesado, María Fernández, Valeria López, Iria Rocha, Cintia Baz, Vania Fernández, Lía Santamaría, Débora Baz, Clara Canosa, Tseday Fernández, Érika Domínguez e Carla Solleiro. Tamén se contará, coma broche final, coa participación do coro infantil de 45 voces femininas pertencentes a Escola de Música que interpretarán dirixidas pola profesora Ruth Natalia Lago Antolín "se eu achase a palabra" acompañadas ao piano pola profesora e compositora desta obra Patricia Goberna García, tamén Clara Canosa e Lucía Ramírez có violin, Mayra Vila e Débora Baz ao clarinete e Laura Ramírez ao violonchelo.

BECAS MEC PARA EL CURSO 2022/2023 (SÓLO PARA ALUMNOS QUE CURSAN GRADO PROFESIONAL)

Ya se conoce el día exacto en el que comenzará la presentación de solicitudes para las becas del MEC para las enseñanzas artísticas profesionales de música que se imparten en nuestro centro. Lo acaba de publicar el Boletín Oficial del Estado (BOE) del sábado 12 de marzo.

En dicho documento se recoge la convocatoria de las ayudas al estudio para el curso 2022-2023 ofrecidas como cada año por el Ministerio de Educación y Formación Profesional, aunque en esta edición la novedad más importante es que los plazos se adelantan 4 meses, dando comienzo el próximo 30 de marzo de 2022

Manuel Madarnás presenta no Teatro de Tui o seu traballo discográfico "La MMarca"

 

O Teatro Municipal de Tui acolle este venres ás 21:00 horas, o concerto presentación de “A MMarca” de Manuel Madarnás, exalumno do centro na especialidade de trompeta. Un disco que saíu á luz o pasado mes de agosto cando se presentou ademais o primeiro videoclip do tema “Abrázame”, e do que en xaneiro lanzaba o segundo sinxelo “ Sway”.

Manuel Madarnás, de 25 anos, compaxina este novo proxecto coa realización do máster en trompeta no conservatorio Musikene en San Sebastián e co seu traballo na orquestra Os Players. A súa formación musical iniciouna na Escola de Música de Tui, continuando no conservatorio tudense onde cursou o grao profesional, e xa no CMUS de Vigo obtivo o grao superior en trompeta. Formou parte tamén da Banda de Música Popular de Tui.

As baladas románticas, os boleros e temas pop soarán este venres interpretados por Manuel Madarnás á trompeta, acompañado por Kithos Díaz na batería, Juan Díaz no baixo, Marcos Guzmán nos teclados, Jorge Pimentel na percusión e Sic Salem na guitarra. Ademais, nun dos temas contará tamén coa participación da cantante Julia Rodrígues.

 

As entradas están á venda en Tui aos prezos de 6€ e 4€ premendo AQUÍ.

Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Tui (Suite Cubalicia: V. Muiñeira Habanera)

Fragmento do concerto do 10º Aniversario da Eurocidade Tui-Valença que tivo lugar o sábado 12 de febreiro de 2022 no teatro da Área Panorámica en Tui. Obra composta por Eduardo Coma Vega e interpretada pola Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Tui dirixida polo maestro D. Luis Caballero Varona coa colaboración do Quinteto Cimarrón.

Concerto da Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Tui para o décimo aniversario da Eurocidade Tui-Valença

Sábado 12 de Febreiro ás 20:00 hs no teatro da Área Panorámica

 

Os actos conmemorativos do 10º aniversario da Eurocidade Tui-Valença pecharanse o sábado, 12 de febreiro, ás 20:00 hs. españolas no Teatro Municipal de Tui co concerto que ofrecerán a Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de Tui coa colaboración do Quinteto Cimarrón e a Orquestra da Academia de Música da Fortaleza de Valença.

FELICES FESTAS DE NADAL!!!!!

 

VÍDEO DE PROMOCIÓN DO NADAL DO CONCELLO DE TUI NA QUE OS ALUMNOS E PROFESORES DO CONSERVATORIO PROFESIONAL INTERPRETAN O TEMA PRINCIPAL DA PELÍCULA "LA VIDA ES BELLA"

FELICIDADE E AMOR PARA TODOS!!!

FELICES FESTAS DE NADAL!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut