CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Recursos

AL: Exercicios de relaxación facial, pescozo e praxias

Bos días!! A profe Isa de AL mandavos moitos saudiños virtuais... para non perder o ritmo da fonación imos facer uns exercicios de relaxación facial e de pescozo.

  • Imitar un robot diciendo si e no.
  • Debuxar no aire un oito coa cabeza.
  • Estirar o pescozo coma unha xirafa.
  • Mirar un partido de tenis: Xirar a cabeza a dereita e logo a esquerda.
  • Imitar o movemento que fai un can, cando sae da auga e se sacude.
  • Sorrí ensinando os dentes
  • Facer morros como os porcos.
  • Abrir a boca como a de un león.
  • Dar bicos sonoros.
  • Imitar un peixe.
  • Por cara de enfadados e logo de alegría.
  • Facer "pedorretas".

Mira neste vídeo como poder relaxar a cara e o pescozo. 

Tamén tendes exercicios de praxias (Habilidade para executar un movemento) cliqueando na imaxe.

Praxias con pictogramas de Arasaac

Praxias con Onomatopeyas de Arasaac

Saúdos

XOGOS EN FAMILIA

Bos días, podedes aproveitar no tempo libre para empregar os xogos de mesa, que seguro tedes na casa: parchís, oca, xadrez, tres en raia, catro en raia...

YOGGA PARA NENOS E NENAS

E para mover un pouco o corpo e relaxarse, outro vídeo de yogga moi divertido. Saúdos a todos e todas.

Traballo para a aula Arco da Vella

Bos días chicos!! A profe Seves saludavos cun forte abrazo virtual....  

A ver se recordades estas dúas cancións.... (pinchade enriba da imaxe).

Non vos olvides das rutinas ehh...

Estas rutinas creounas Marta García Conejo para Arasaac.

Material de recursos para as aulas: Recursos Calesa de 1º a 6º

Bos días, subimos material de recursos que liberou a Editorial Calesa que poidan ser axuda para as distintas aulas, pinchando nas imaxes podedes descargar o material.

 

 

Material de recursos para as aulas: Misión quedarse na casa.

Misión quedarse na casa de Dalmaus (publicamolo nos 3 idiomas do colexio)

Galego

Castelán

Inglés

 

ORIENTACIÓN Autoconcepto:A imaxen de un/unha mesmo/a.

O Autoconcepto defínese coma a imaxen que ten unha persoa de sí mesma. Tanto  aos seus aspectos físicos coma sociais polo tanto engloba o conxunto de ideas, valoresm opinións e sentimentos que forman a ese individuo.

Ter unha autoimaxen positiva ou negativa vai facer que ante unha mesma situación diferentes persoas actúen de distinto xeito.

 O Autoconcepto esta relacionado coa Autoestima. Un autoconcepto positivo está relacionado cunha boa autoestima.

Exercicios para traballar o autoconcepto:

- Facer un debuxo de un/unha mesmo/a. Despois do debuxo explicar como son pero describindo ademais de cor de pelo, ollos, que roupa leva etc, incluir tamén rasgos de personalidade: simpático, alegre... tanto positivos como negativos.

- Facer unha lista (ou debuxos) das cousas que nos gustan e non nos gustan, poden ser dende actividades, comidas, etc.

- Facer ou debuxar o que se nos de ben.

- Tarxetas de rasgos tanto físicos como persoais (alta/o, moreno/a, simpatica/o, callado/a, estudioso/a, nerviosos/a, impuntual, miedoso/a, alegre...) e que collan 5 rasgos físicos e persoais que eles/as pensen que os identifican e porque

- Describirnos a nos mesmos e a un familiar da casa.

* pincha no enlace para ver o documento

-Escribir un adxetivo positivo que o/a defina segundo as letras do seu nome. 

 

Contos adaptados con pictogramas

Gracias a Miriam Ranera García que adaptou os contos de sempre con pictogramas, tendes os contos cliqueando nas imaxes.

ARTS: Hello Students!!

Hello!!!! How are you?. The teacher Montse and the teacher Vero send you some songs for you to remember and sing.

(Ola!!!! Como estades?. A profe Monste e a profe Vero enviánvos algunhas cancións para que recordedes e cantes.)

Super Simple Songs 

 

The spring begins, so let`s paint some flowers from the KroKotak page.

(Comeza a primavera, así que imos pintar algunhas flores da páxina KroKotak)

Bye! Bye!

Montse and Vero

Comprensión e expresión oral de diferentes estados e emocións

Dende ARASAAC comparten distinto material para traballar a comprensión e expresión oral de diferentes estados e emocións, así como a causa que os provoca.

A actividade consiste en ir mostrando as láminas con distintas situacións cotidianas e ir respondendo a preguntas do tipo: Quen?, Como está?, Por que?.

Ademais podemos traballar a adquisición de vocabulario, a construcción de frases, a pragmática e a lectura global.

 Diversos xogos de estados e emocións

 

Estados e emocións con pictogramas.

 

 

Distribuir contido