CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Solicitude Axudas Libros de texto e material 2023/2024

Pinchar na imaxe

O Alumnado que pasa para o IES ten que solicitalo no novo centro.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO AS ILLAS CÍES

Como remate da nosa Semana Cultural o colexio enteiro fixo unha saída moi especial. Todos xuntos fomos de visita as Illas Cíes, un auténtico paraíso natural.

Primeiro en autobús ata Baiona e alí collemos un barco que nos levou as Illas. Unha vez alí un grupo de monitores levounos de visita guiada, aprendemos un montón de cousas e fixemos unha boa andaina. Despois xantamos e xa pasamos o resto do día xogando, xogando na area, na auga e polos camiños. O tempo tamén nos axudou, un día perfecto!

Para ver as fotos da xornada, preme na imaxe.

6º RECIBE A RAMÓN CARIDE

Hoxe o alumnado de 6º recibiu unha visita moi especial. O escritor Ramón Caride, prolífico autor, estivo con eles no noso marabilloso patio. Xuntos estiveron falando do seu libro "As músicas viaxeiras", un libro que nenas e nenos de 6º estivemos lendo e traballando de forma conxunta.

Excursión Cíes 2023

 Estimadas familias:

Como xa vos comunicaramos nun abalar, imos facer unha saída conxunta todo o colexio ás Illas Cíes o venres 19 de maio. Viaxaremos en bus e logo en barco dende Baiona para chegar as Illas Cíes.

Saída: Do Colexio ás 8:30 h. Temos que coller o barco ás 10:00 h en Baiona, para estar media hora antes para embarcar.

Chegada: Sobre as 18:00 h  a Baiona e sobre ás 18:30 h ao colexio.

Deberan Levar:

- Camiseta e gorra do Turonia de anos anteriores, todo co seu nome. (os de primeiro camiseta branca e gorra)

- Bañador e toalla, faremos xogos de auga, e logo volven a poñer a mesma roupa.

- Crema protectora infantil (Recomendamos que lle botedes protección alta de nenos/as antes de saír da casa, así como gorra e levar crema protectora para ir botando ao longo do día).

- Chandal e tenis cómodos (durante a excursión realizaremos algunha ruta camiñando e xogos na praia).

- Merenda e auga para media mañá e media tarde, recordade que todo o lixo o temos que traer de volta para casa.

- Mochila grande para que cada neno/a leve a súa comida con el/ela.

A comida a levamos do comedor para todo o centro, co seguinte menú:

          - Ensalada de pasta con atún.

          - Finger de polo con patacas chips.

          - 1 mazá.

          - 1 botella de auga.

O custo da excursión son 30 €, que inclúe o transporte en autobús, en barco, servizo de guía e de animación. O prazo máximo  para  traer autorización e aboar o importe da excursión é o venres 12 de maio.

Non se poderá levar cámaras fotográficas, nin teléfonos móbiles, nin calquera outro dispositivo electrónico: Os mestres quitarán fotos que estarán dispoñibles na páxina web do colexio.

Ese día non hai actividades extraescolares pola tarde. En caso de choiva, suspenderase a actividade e teremos clase normal.

Un saúdo.

 

 

Avaliación TIMSS

 O noso centro foi seleccionado aleatoriamente para participar nun estudo internacional de tendencias en matemáticas e ciencias (TIMSS), xunto con outros máis de 60 países de todo o mundo.

En Galicia seremos 50 centros, os que participaremos neste estudo.

Consistirá nunhas probas sobre coñecementos nestas áreas, nas que participará o alumnado de 4º dun dos dous cursos, escollido tamén aleatoriamente.

Esta proba non terá ningún carácter avaliativo para os participantes, xa que se trata de observación de tendencias a nivel global.

Respectaranse todos os protocolos de protección de datos, xa que non se facilitará en nigún caso, o nome do alumno/a que participe na proba (as probas serán anonimizadas).

Os resultados serán xerais, e non relativos a cada participante.

Semana de Educación Vial

Nos días 27 a 30 de marzo celebramos unha nova edición da SEMANA DE EDUCACIÓN VIAL no Caselles.

Unha vez máis tivemos unha ocasión fantástica para que os alumnos e as alumnas do cole collan conciencia da importancia do conxunto de medidas para acadar a mellor seguridade na convivencia na rúa, xa como peóns, como usuarios de bicis, patinetes ou no futuro, os coches. Esta é unha tarefa continuada, para acadar unhas xeracións máis responsables e cívicas no uso das vías públicas. Aquí unha mostra do que aprenderon e disfrutaron nestes días:

 

Visítanos Mónica Rodríguez

O alumnado de 6° recibimos hoxe a visita de Mónica Rodríguez, a escritora do libro que estivemos lendo este trimestre: Alma y la isla.

Con ela compartimos fermosas historias e gusto pola lectura.

Gústame o Meu Río: primeira saída ao Rio da Pedra

O 14 de marzo '23 o equipo de 6º realizou a primeira saída ao río, logo da charla que recibiran no colexio.

Durante toda a mañán traballaron en catro mesas técnicas: análise físico-química, análise dos macroinvertebrados presentes, exame da fauna e flora da ribeira do río, e experiencia de tratamento de augas residuais. Unha abordaxe completa para coñecer o río! E demostramos que ten unha saúde de ferro.

EXCURSIÓN 1º CICLO - AS ACEÑAS, TAMUXE, PARQUE DE PÍAS

Como remate de fin de trimestre, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria realizamos o pasado mércores 30 de marzo unha visita ao muñíño das Aceñas; onde observaron os animais propios da zona na aula de natureza que hai alí mesmo). A continuación, levaron a cabo a andaina dende alí ata ao parque de Pías; onde xogaron moito e merendaron.

Un merecido día de descanso e desfrute do tempo cos compañeiros e compañeiras.

Facede clic na imaxe para ver algunhas fotos desta saída.

Distribuir contido