Radio Uncas

Acceso á sección de radio

O Caselles no camiño: sexto: de Padrón a Santiago

E por fin toca facer a última etapa:  de Padrón a Santiago. Pero ollo, que é moi longa! Imos poñer aquí dous audios, xa que teñen tanto que contarnos os equipos de xornalistas de 6ºA e 6ºB. 

 

O Caselles no camiño: quinto: de Caldas a Padrón

Imos avanzando no camiño. Agora toca ir de Caldas a Padrón. E a mellor maneira de aguartar o cansanzo que levamos acumulado é escoitando este podcast de 5º. Canta información interesante!

O Caselles no camiño: cuarto: de Pontevedra a Caldas de Reis

O alumnado de 4º encargouse de informarnos á comunidade das cousas que podemos atopar no camiño entre Pontevedra e Caldas. Non perdades detalle!

 

O Caselles no Camiño: terceiro: de Redondela a Pontevedra

O alumnado de terceiro fixemos este programa de radio para falarvos da etapa do camiño entre Redondela e Pontevedra. Esperamos que vos guste!

 

Emisión en directo 12 de maio de 2022

Emitimos en directo!   O xoves 12 de maio inauguramos  a nosa megafonía exterior, e aproveitando a semana cultural falamos do  Camiño de Santiago a toda a comunidade.

A emisión non foi moi ben. Tivemos problemas técnicos diversos, e o resultado final está aqui reflexado. Pero están colgados todos os podcasts dos difentes grupos ,e podedes escoitar con calidade. 

Prometemos mellorar técnicamente na próxima edición, que será pronto!

 

 

O ARTE ROMÁNICO

As nenas e nenos de 2º B estivemos traballando e aprendendo nos obradoiros do 1º trimestre cousiñas sobre o arte románico, e agora queremos facérvolas chegar nun programa de radio que fixemos. A ver se vos gusta, escoitade con atención.

 

 

O Caselles no camiño. Comezamos a nosa aventura

As nenas e nenos de 2º A estivemos traballando e aprendendo nos obradoiros do 1º trimestre cousiñas sobre o Camiño de Santiago, e agora queremos facérvolas chegar nun programa de radio que fixemos. A ver se vos gusta, escoitade con atención

 

Programa de Radio Escolar 2º Primaria

Hoxe  nenos e nenas de 2º de primaria subimos ao estudo de Radio Uncas para realizar un programa cunha temática que xirou ao redor dos hábitos saudables incidindo na importancia de cada un deles e recolleron unha estatística dos  alimentos e dos tipos de exercicio que máis gustan e os que menos prefiren.

Desfrutade do programa!

 

CLIC AQUÍ PARA ESCOITAR O PROGRAMA

Obradoiro de radio: primeiro grupo 5ºA

Aquí vai a primeira entrega  do obradoiro de radio. Corresponde ao primeiro grupo de 5º B. Disfrutade coa experiencia destes fantásticos xornalistas.

 

 

Radio Uncas: Carrusel Deportivo de 5º B

Presentamos o primeiro programa de Carrusel Deportivo.

Nesta ocasión a cargo do alumnado de 5ºB.  Unha crónica  condensada dos partidos máis disputados nos deportes de brilé, escondite e 4 esquinas con troncos. Isto é o que hai nos recreos... 

 
Estiveron nas voces:  Martín, Cristian, Sebastián, Karla, Raquel, Ainhoa, Andrea, Leire, Julia, Ichika, Brian, Pedro, Paula, Salvador e Alex.

E no control:  Izan e Daniel

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer