Radio Uncas

Acceso á sección de radio

O Caselles no camiño. Comezamos a nosa aventura

As nenas e nenos de 2º A estivemos traballando e aprendendo nos obradoiros do 1º trimestre cousiñas sobre o Camiño de Santiago, e agora queremos facérvolas chegar nun programa de radio que fixemos. A ver se vos gusta, escoitade con atención

 

Programa de Radio Escolar 2º Primaria

Hoxe  nenos e nenas de 2º de primaria subimos ao estudo de Radio Uncas para realizar un programa cunha temática que xirou ao redor dos hábitos saudables incidindo na importancia de cada un deles e recolleron unha estatística dos  alimentos e dos tipos de exercicio que máis gustan e os que menos prefiren.

Desfrutade do programa!

 

CLIC AQUÍ PARA ESCOITAR O PROGRAMA

Obradoiro de radio: primeiro grupo 5ºA

Aquí vai a primeira entrega  do obradoiro de radio. Corresponde ao primeiro grupo de 5º B. Disfrutade coa experiencia destes fantásticos xornalistas.

 

 

Radio Uncas: Carrusel Deportivo de 5º B

Presentamos o primeiro programa de Carrusel Deportivo.

Nesta ocasión a cargo do alumnado de 5ºB.  Unha crónica  condensada dos partidos máis disputados nos deportes de brilé, escondite e 4 esquinas con troncos. Isto é o que hai nos recreos... 

 
Estiveron nas voces:  Martín, Cristian, Sebastián, Karla, Raquel, Ainhoa, Andrea, Leire, Julia, Ichika, Brian, Pedro, Paula, Salvador e Alex.

E no control:  Izan e Daniel

Radio Uncas na casa 5

Bos días a todas e todos! Como cada luns aquí vos traemos un novo programa de Radio Uncas na casa. Neste caso o alumnado de 4ºB presenta un programa cargadiño de cousas co que despediremos a radio ata o curso que ven. Moitísimas grazas a todos os participantes e locutores/as e tamén a todas e todos os oíntes, agardamos que disfrutárades destes fantásticos programas. Bo verán!
 
 
 
 
Alumnado de 4ºB
"Miña casiña meu lar"
 
 

Radio Uncas na casa 4

Un luns máis aquí estamos cun novo programa de Radio Uncas na casa! Esta semana son as compañeiras e compañeiros 5ºB os protagonistas do programa e veñen contarnos como foi o seu primeiro paseo tras o confinamento. Desfrutádeo!

 
"O meu primeiro paseo"
 
Alumnado de 5ºB
 

Radio Uncas na casa 3

Benvidos unha semana máis a Radio Uncas na casa! As compañeiras e compañeiros de 4ºB traen, nesta ocasión, un programa cargadiño de novidades e de informacións interesantísimas. Animádesvos a escoitalo? Ides desfrutalo!

 

Miña casiña meu lar 

Alumnado de 4ºB

Radio Uncas na casa 2

Aquí estamos coa segunda entrega de Radio Uncas desde a casa! Nesta ocasión as compañeiras e compañeiros de segundo curso veñen contarnos que tal están a ser os seus días de confinamento. Desfrutade!

Radio Uncas na casa 2

Alumnado de 2º: Estamos confinados  


Radio Uncas na casa 1

Hoxe estreamos esta sección de Radio Uncas dende casa.  Disfrutade coa primeira entrega!

O alumnado de 4º B cóntanos as súas experiencias dende a casa

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer