CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Naturézate

Limpeza simultánea de ríos 2018

O venres 28 de setembro  participamos na limpeza simultánea de ríos do programa MÓLLATE POLOS RÍOS.

Como sempre, ocupámonos dun treito de 500 do río Pego, un río que da no Miño, e que pasa moi perto do noso colexio.

 Desta volta atopamos moi limpo o entorno do río. Vese que a nosa actividade regular da os seus froitos!

Bo traballo, o realizado polos alumnos e alumnas de 6º B. Noraboa!

 

Presentación CANVA

 

Naturézate

Marabilloso traballo feito polos nenos e nenas de 6º curso para o programa Naturézate dentro do Plan Proxecta. Este programa pretende a difusión e promoción dos espazos protexidos de Galicia e fomento da concienciación e actitudes do alumnado cara á conservación da natureza.

Distribuir contido