6º Primaria

VISITA A CIDADE DA CORUÑA

Nenas e nenos de 6º visitaron a cidade da Coruña. Primeiro pasamos pola Domus ou "Casa do home", despois fomos andando polo paseo marítimo ata o Acuario e finalmente estivemos na casa das ciencias. Aprendemos cousas sobre o ser humano, sobre animais marinos, sobre o universo, cousas de física,... en fin un monte de cousas...e tamén o pasamos xenial. Para ver tódalas fotos, preme na imaxe

6º RECIBE A RAMÓN CARIDE

Hoxe o alumnado de 6º recibiu unha visita moi especial. O escritor Ramón Caride, prolífico autor, estivo con eles no noso marabilloso patio. Xuntos estiveron falando do seu libro "As músicas viaxeiras", un libro que nenas e nenos de 6º estivemos lendo e traballando de forma conxunta.

Gústame o Meu Río: primeira saída ao Rio da Pedra

O 14 de marzo '23 o equipo de 6º realizou a primeira saída ao río, logo da charla que recibiran no colexio.

Durante toda a mañán traballaron en catro mesas técnicas: análise físico-química, análise dos macroinvertebrados presentes, exame da fauna e flora da ribeira do río, e experiencia de tratamento de augas residuais. Unha abordaxe completa para coñecer o río! E demostramos que ten unha saúde de ferro.

GÚSTAME O MEU RÍO I

Hoxe o alumnado de 6º participou na primeira sesión teórica do programa "Me gusta mi río" levada a cabo pola confederación hidrográfica Miño-Sil.

Nas próximas sesións, farán visitas ao río da Pedra onde se converterán en investigadores para estudar a auga, a flora e a fauna.

O programa conta con clases teóricas, saídas, obradoiros, almorzos e rematará cunha visita ao nacemento do río Miño, onde convivirán e intercambiarán experiencias con nenos e nenas doutros lugares de Galicia.

 

 

6ºCURSO DE VISITA NO IES ANTÓN ALONSO RÍOS

Hoxe o alumnado de 6º curso retomou un dos actos habituais cada curso, a visita ao IES Antón Alonso Ríos.

Despois de 2 anos de parada, debido a COVID-19, nenas e nenos de 6º tiveron hoxe o seu primeiro contacto co que vai ser o seu centro dentro duns pouquiños meses.

Tarefas en casa

Nestes días o traballo para o alumnado de 6º está na plataforma EDIXGAL.

 

Móllate polo río!

 

O 27 de setembro adiantámonos á iniciativa global de Galicia, e No Caselles realizamos a nosa tarefa de recoller todo o lixo que poidera haber na marxe do río Pego, dende a ponte do cruce para Vilachán ata 500 metros río arriba.

Non quedou máis que natureza, logo do noso paso.

Pero, sabedes que?     Case non había nada que recoller!!

Este treito do río está moi limpo, grazas ao esforzo continuado dos nosos voluntarios que todos os anos revisan, controlan e coidan.

Lixo recollido (plásticos e papeis):  8 Kg.

Mollámonos polo río!!

CHARLA SOBRE PORTUGAL

Ivonne, a nai de Luna e Kevin, visitou hoxe as nenas e nenos de sexto curso para falarlles do seu pais, Portugal.

Primeiro faloulles de monumentos, comidas, postres e curiosidades sobre Portugal, e despois respondeu a tódalas preguntas que o alumnado lle fixo sobre o país veciño.

Para ver máis fotos, premer na imaxe.

CHARLA SOBRE RCP (REANIMACIÓN CARDIOPULMONAR)

Como xa é habitual cada ano, nenas e nenos de 6º curso recibiron unha charla, con práctica incluída, sobre RCP (Reanimación Cardiopulmonar).

Esta actividade estivo organizada pola Escola Corazón, asociación sen ánimo de lucro, formada por persoal sanitario cualificado, que percorre os colexios de forma desinteresada, formando ao alumnado na técnica de RCP.

Primeiro nenas e nenos recibiron unha charla acompañada dunha proxección, e despois xa pasaron a facer prácticas en manequíns médicos para RCP.

Un tema interesante e diferente, grazas Escola Corazón!

Para ver máis fotos premede na imaxe.

 

PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO CERVEIRA TOMIÑO

Este mércores nenas e nenos de sexto curso do Caselles acudiron a Vilanova de Cerveira, concretamente á Escola Superior Gallaecia, para participar nunha actividade de artes plásticas.

A actividade fíxose conxuntamente con nenas e nenos de Cerveira e do CEIP de Barrantes, e forma parte da proposta gañadora deste ano do Proxecto Transfronteirizo Cerveira-Tomiño, concretamente, "Actividades artísticas e ambientais para a poboación infantil de Vila Nova de Cerveira e Tomiño" presentada polas ANPAS tomiñesas e cerveirenses.

Foron dúas as actividades que se fixeron a longo da mañá na escola Superior Gallaecia: debuxo de poliedro con sombras e elaboración de cadros con materiais de reciclaxe.

Estas actividades buscan promover unha maior aproximación entre os nenos e nenas dos dous concellos veciños que conforman a eurocidade Cerveira-Tomiño.

Para ver máis imaxes preme na foto.