You are hereAliméntate ben

Aliméntate ben


OS ARROASES VISITAN O CASELLES

Hoxe Luís, un mariñeiro, e Mariña, unha acuicultora, visitaron o Pedro Caselles na compaña dos arroases, uns superheroes moi especiais que sacan todos os seus poderes do mar.

Nenos e nenas escoitaron e participaron nesta interesante charla.

Para ver as imaxes premer na foto.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Hoxe nenas e nenos do noso colexio participaron na actividade "Ponlle as pilas ao teu bocata" dentro do programa Aliméntate ben da Xunta de Galicia. Esta campaña esta deseñada para a dar o coñecer as múltiples virtudes das conservas dos produtos do mar, e iso foi o que aprendeu hoxe o noso alumnado, a alimentarse un pouco mellor.

Para ver máis imaxes preme na foto.

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR: VISITA A GUARDA

Dentro do programa "O Sabor da Aventura está no Mar", nenas e nenos de 3º e 4º curso fixeron unha visita a varios lugares da mariñeira vila da Guarda.

Visitaron as redeiras, a lonxa e o museo do mar. Tamén disfrutaron dun menú degustación moi mariñeiro: Croquetas de pescada, pizza de mexillóns e de sobremesa iogur de vainilla.

Para ver as imaxes premer na foto.

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Dentro  do plan Proxecta, este curso, ao igual que o curso pasado, participamos no programa  "Aliméntate ben" en dúas das súas modalidades: "Froita na escola" e "O sabor da aventura está no mar".

Esta semana tivemos no Caselles a un pescador, unha bióloga e unha cociñeira moi especiais que lle explicaron aos nosos nenos e nenas a importancia de coidar o mar e das vantaxes de alimentarse con produtos do mar, algúns cursos tamén terán a sorte de ir ao porto e ao Museo do Mar. Tódolos nenos e nenas disfrutaron e aprenderon moito con "O Sabor da Aventura está no mar".

Coñecemos aos Arroases, unha cuadrilla de sete nenos e nenas que teñen superpoderes que lle aporta a súa alimentación con peixes e mariscos frescos.

Para ver máis imaxes preme na foto.

 

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Dentro do Plan Proxecta de este ano participamos na actividade "O sabor da aventura está no mar" . Primeiro visitaron o noso colexio unha cociñeira, un pescador e un mariscador que nos presentaron personaxes moi interesantes e nos contaron unha historia acerca do importante que é comer peixe para estar moi sans. 

Despois aos nenos e nenas de 3º, 4º e 6º leváronos de visita ao porto de Vigo e alí viron cousas moi interesantes. Tamén foron ao museo de mar e degustaron riquísimas comidas feitas con produtos do mar.

 

O sabor da aventura está no mar

 

 

Dentro  do plan Proxecta, este ano participamos no programa  "Aliméntate ben" en dúas das súas modalidades: Froita na escola e O sabor da aventura está no mar.

Xa tivemos no Caselles a un pescador, un mariscador e unha cociñeira moi especiais que lle explicaron aos nosos nenos e nenas a importancia de coidar o mar e das vantaxes de alimentarse con produtos do mar, algúns cursos tamén terán a sorte de ir ao porto e ao Museo do Mar. Tódolos nenos e nenas disfrutaron e aprenderon moito con "O Sabor da Aventura está no mar.