CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Secretaría

Taboleiro de Secretaría

 Horario de secretaria: de 10:00 a 12:00 h.

Xornada de portas abertas

Proceso de admisión para o curso escolar 2023/24

Programa de Radio "Emociónate coa Radio"

(pincha na imaxe)

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O Xoves 2 de febreiro de 2023, día da Candeloria, abrimos o centro para todas as familias que queren formar parte da nosa comunidade educativa.

Faremos unha xornada de portas abertas de 10 a 12h da mañá.

Ensinaremosvos as instalacións, como traballamos, os nosos proxectos...

(pincha na imaxe)

Festival Nadal 2022

(pincha na imaxe)

Festival Fin de Curso

Festival de fin de curso

Excursión a Santiago de Compostela 20/05/2022

 

Cliquea nas imaxes

Vacacións Semana Santa

Hoxe comezamos as vacacións de Semana Santa. Esperamos que disfruten os vosos fillos/as.

Estaremos de volta o martes 19. 

Boas vacacións

Xornada de portas abertas

O martes 8 de marzo de 2022 de 17 a 18h faremos unha xornada de portas abertas no centro.

Reserva a túa visita no 886110738.

(Cliquea na imaxe)

Reserva de praza para o alumnado do CRA 2022/2023

Todo o alumnado procedente das unitarias do CRA que fixo reserva como centro adscrito no noso colexio entre o período comprendido entre o  11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2022, está admitido.

Podedes consultar, se queredes, a listaxe na secretaría do centro.

O próximo paso, para vós, será a formalización de matrícula  do 20 ao 30 de xuño.

Nese momento teredes que traer ao CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán a seguinte documentación:

  •  Anexo III de formalización de matrícula.
  •  Folla complementaria de matrícula.
  •  2 fotos de carnet.
  •  1 fotocopia do DNI dos titores legais.
  •  1 fotocopia do libro de familia de tódalas páxinas que estén cubertas.
  •  1 fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten).
  •  1 fotocopia da cartilla sanitaria.
  •  Certificado de empadronamento (solicitádeo no Concello de Tomiño, dicíndolle que é para o noso colexio).

Casos especiais:

  •  En caso de separación ou divorcio Sentencia Xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  •  En caso de Alumnado ACNEAE, informes médicos achegados pola familia.

O documentos, preferiblemente, deben ser firmados por os/as titulares da patria potestades ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio, será necesario a sinatura de ambos proxenitores/as.

Para resolver calquera dúbida:

  • Enviar un correo ao cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal
  • Chamar ao número 886110738 no mesmo horario de 10:00 a 12:00.

 

Distribuir contido