2º Primaria

Como remate de fin de trimestre, os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria realizamos o pasado mércores 30 de marzo unha visita ao muñíño das Aceñas; onde observaron os animais propios da zona na aula de natureza que hai alí mesmo). A continuación, levaron a cabo a andaina dende alí ata ao parque de Pías; onde xogaron moito e merendaron.

Un merecido día de descanso e desfrute do tempo cos compañeiros e compañeiras.

Facede clic na imaxe para ver algunhas fotos desta saída.

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaría escribimos, nos días anteriores, unha carta a Papá Noel e fomos hoxe ata á praza do Seixo. Alí, cada un deles, meteron a súa carta na caixa de correos.

Tedes as fotos da saída de hoxe. Facede clic na seguinte imaxe para velas.

 

 

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria foron o pasado venres 2 de decembro ao cine a Vigo a ver a película ENCANTO.

Desfrutaron moitísimo!

 

O alumnado de 2º curso foi de visita ao Museo de Pontevedra. Foi unha visita moi especial, porque foi a primeira para estes nenos e nenas, pois a COVID limitou este tipo de actividades neste dous anos. 

Durante máis dunha hora estiveron percorrendo algunhas das seccións do museo de Pontevedra, aprendendo o que é un meuseo e divertíndose. Podedes ver as fotos da xornada premendo na imaxe.

 

Hoxe as nenas e nenos do 1º Ciclo fomos andando ata o Seixo para enviar unha carta moi especial. Unha carta de verdade, coa súa dirección e o seu selo.  Que saibades todos que non era unha carta para os Reis, nin para Papá Noel, non...era unha carta moi especial. E xa non imos dicir nada máis, porque é un segredo...

Se queredes ver tódalas fotos, premede na imaxe.

Hoxe as nenas e nenos de 2º tiveron a súa primeira carreira   oficial co AGRUDEBAM  . Había medo a chuvia e ao frío, pero ao final todo resultou perfecto. Coas equipacións oficiais foron unha marea verde de alegría. Para ver máis sobre a xornada visitade a páxina de AGRUDEBAM, e pra ver máis fotos premede na imaxe.

                                 

Baixo o título de ESTRELAS DA BOA SAÚDE, os nenos e nenas de 2º de Primaria estiveron estudando os hábitos que debemos realizar para ser boas estrelas da saúde.

Un dos puntos da estrela é o de ter unha boa alimetación e, dentro deste apartado, estiveron estudando a pirámide de alimentos ata o punto de realizar unha ,  en 3D,  elaborando os alimentos con plastilina tal como veredes nas seguintes imaxes.

Uns artitas están feitos!

 Tamén traballamos un KAHOOT relacionado con esta unidade didáctica.

 

 

Ademais de realizar dita pirámide, tiveron unha merenda saudable grazas á aportación de froita polo comedor do noso colexio. Con brochetas montaron as pezas de froita (amorodos, plátano e mazá) e degustaron unha merenda sauble e moi exquisita!

 

 

 

 

 

Nesta pequeno lugar iremos metendo todas aquelas cousas que os nenos e nenas de 2º foron facendo nas súas casas durante o seu logo confinamento por mor do coronavirus.

 

 

 


E a última semana deste curso tan estraño xa chegou, quen nos ía a dicir que sería desta maneira? Primeiro gustaríanos volver darvos as grazas tanto ás familias como aos nenos e nenas que desde as vosas casas sempre destes o mellor, facendo que a nosa labor fose máis sinxela. Todos sabemos e recoñecemos que non foi a mellor maneira de dar clase e que o colexio e todo o que conleva non se pode substituír cun ordenador, pero entre todos conseguimos que esta tarefa fose o máis levadeira posible. Moitas grazas pola vosa colaboración.


E agora sí vos deixamos a última programación para este curso tan aloucado.


LUNS

FOTO1 E FOTO2


MARTES

FOTO1 E FOTO2


MÉRCORES

FOTO1, FOTO2 E FOTO3



XOVES


Fai un debuxo para dedicarllo aos teus compañeiros e compañeiras, mándanos unha foto ao wasap e crearemos un vídeo para celebrar o final de curso. Sede creativos , podedes utilizar todo tipo de materiais…..
VENRES
Traballo das especialidades, no lateral esquerdo de:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceppedrocaselles/bloguedesegundo


Pasiño a pasiño xa estamos na segunda semana de xuño e sen perder o espírito de traballo!!! Quédanos moi pouquiño para este final de curso tan peculiar.

Na parte inferior tedes as actividades en formato pdf por se queredes imprimilas.


LUNS 8

FOTO1, FOTO2 E FOTO3



MARTES 9

FOTO1, FOTO2



MÉRCORES 10

FOTO1, FOTO2 E FOTO3


XOVES 11

FOTO1, FOTO2 E FOTO3


VENRES 12
Traballo das especialidades, no lateral esquerdo de este blog.

 

Distribuir contido