2º Primaria

Aquí vos van uns enlaces de tutoriais de debuxo, que a nenas e nenos lles gustan moito, para telos entretidos. É unha páxina que está en inglés, pero non necesitan saber o que din para facelo, aínda que non todos teñen acceso a internet, neste caso pódese tirar de móbil. Ofrece gran cantidade de debuxos e manualidades moi fáciles de facer.

Aquí podedes ver tódolos  debuxos que levan colgado

https://www.youtube.com/user/ArtforKidsHub

Aquí algúns exemplos

https://www.youtube.com/watch?v=0-jHiAovALE

https://www.youtube.com/watch?v=i_pQWFkZJrc

https://www.youtube.com/watch?v=wy2-3BxdtYY

https://www.youtube.com/watch?v=oQmDk8Z2IMs

Ola, como nos están chegando chamadas preguntando polos dictados, aproveito a escribir algúns exemplos, ademais de no libro de lengua podedes facelos na libreta. Repítese a palabra en voz alta e recálcaselles que deben prestar atención a empezar con maiúsculas e separar ben as palabras. Deben facelos solos, e logo ao rematar corríxese.

DICTADO 1

Tu hermano Luís quiere ir de acampada. La cigüeña recorre el cielo de la gran ciudad. Ayer regué el jardín con la manguera pequeña. El regalo de Amparo viene en una caja roja.

DITADO 2

O meu amiguiño Antón non quere empanada de sardiñas. Para o recreo quero un bocadillo de xamón. Ese burro ten o pelo gris con algunha mancha marrón. A correa do can grande rompeu de repente.

DICTADO 3

Las campanas de la iglesia de Tomiño suenan cada hora. Los bomberos apagaron la hoguera porque era muy peligrosa. Los pájaros remontaron el vuelo todos juntos. El campesino cargo la carreta con la cosecha de zanahorias y guisantes.

DITADO 4

Temos que arranxar o chan da cociña. Temos que aforrar moito diñeiro para comprar un coche novo. Onte cociñei un guiso de repolo con peixe. A agüiña fresca é o mellor para a calor.

 

Outros exercicios para facer sen necesidade de imprimir:

-Escribe cinco palabras con gue( o mesmo con gui, ja, jo ju, ce ,ci, rr, güe, güi, za, zo, zu...)

-Escribe una oración largacon la palabra hamburguesa( Bombones, águila, zanahoria, hormiguero, ...)

-Escribe de 3 en 3 desde 450 a 540

-Escribe de 2 e 2 desde 620 a 580(para adiante e para atrás)

-Sumas e restas con levadas

Hoxe as nenas e nenos do Caselles fixeron unha pequena andaina ata o Seixo para levarlle as súas cartas aos Reis Magos e a Papá Noel. Fomos ata a oficina de correos, e alí na caixa de correo fomos metendo as nosas cartas. Logo unha moza de correos deunos un agasallo e caramelos. Para rematar a mañá fomos ata a bóla de Nadal da praza do Seixo para sacarnos unha foto. Para ver máis fotos, preme na imaxe.

Nenas e nenos de 1º e 2º curso xuntáronse este venres para acondicionar a súa zona acorde coa estación do ano. Árbores, paraugas e ourizos encheron o corredor coas cores do outono. Para ver tódalas fotos, preme na imaxe

Os máis pequenos do Caselles fixeron este martes unha saída didáctica a Goián.

Nenas e nenos de 1º e 2º curso foron ver unha obra de títeres ao auditorio de Goián. Os titiriteiros A Xanela do Maxín escenficaron a obra "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza". Pasárono moi ben coas cantigas e as aventuras da toupiña.

Ao remate da obra, gozaron do marabilloso entorno do espazo fortaleza, merendando a sombra dos seus carballos, xogando no parque e compartindo o espazo e xogos con nenas e nenos da Guarda.

Para ver máis fotos da xornada premede na imaxe.

O alumnado de 1º e 2º curso foi de visita a SEGANOSA, en Alxén, Salvaterra de Miño. Unha escola moi especial onde se preparan os equipos de emerxencias. Alí explicáronlles como se forman os bombeiros, e aproveitando a ocasión, nenos e nenas estiveron probando cascos de diferentes tipos, as mangueiras de apagar o lume e ata lles explicaron como apagar un incendio cun extintor.

Despois todos xuntos foron tomar un pequeno almorzo ao parque da Canuda onde disfrutaron do parque enteiro para eles soliños. Foi un día emocionante e divertido!!

Podedes ver todas as fotos da xornada premendo na imaxe

As profes e as nenas e nenos de 2º embarcámonos nunha gran aventura neste segundo trimestre. Viaxamos coa nosa imaxinación ao marabilloso mundo de Charles Dickens, da man de Oliver Twist. Foi unha lectura moooi difícil, traballamos moitísimo, pero a súa historia encantounos e namorounos a todos e todas.

Como remate recreamos o Londres de Oliver Twist.

Para ver máis imaxes, preme na foto.

Nenas e nenos de 2º estiveron facendo unha actividade conxunta para celebrar a chegada do outono decorando a súa zona. Usamos algunhas das moitas follas que caeron no noso patio. Para ver tódalas fotos, premede na imaxe.

Os nenos e nenas de 2º de Primaria A e B, o pasado venres 28 de abril, estivemos sementando e transplantando leitugas. Unha actividade de aula, dentro das ciencias de natureza, que tamén se contempla dentro do programa de Voz Natura.

Para iso, tendo en conta a reciclaxe, trouxemos  cada un de nós iogures para botar as sementes de leituga e botellas de plástico para transplantar leitugas, xa medradas. As botellas de plástico colocaranse acostados e colgadas do peche da nosa horta. Os iogures quedan, unha parte, ao lado da nosa horta e, a outra parte, na aula para a súa observación.

Deste xeito, aprendimos a reciclar estes productos ademais de sementar e transplantar.

Con todo isto, responsabilizarémonos para regar as leitugas e observaremos se medran o suficiente para poder desgutalas a final de curso.

Ademais de observar como medran as plantas de leituga, tamén teremos a oportunidade de observar como brotan das sementes, as novas leitugas que plantamos nos nosos iogures.

Estas experiencias axúdanos máis a comprender o temas das plantas que estamos estudando (que necesitan as plantas e que coidados require).

Pinchade na imaxe para ver fotos destas experiencias.

 

Hoxe 2ºA foi de visita ao Concello, pois foron os elexidos para representar ao noso colexio na inauguración do novo salón de plenos.

Alí xuntáronse con nenos e nenas dos outros colexios de Tomiño e estiveron na compaña do eminente psicopedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci, onde realizaron un pequeno acto de inauguración na súa compaña.

Para ver imaxes da xornada preme na foto.

 

Distribuir contido