2º VISITA O MUSEO DE PONTEVEDRA

O alumnado de 2º curso foi de visita ao Museo de Pontevedra. Foi unha visita moi especial, porque foi a primeira para estes nenos e nenas, pois a COVID limitou este tipo de actividades neste dous anos. 

Durante máis dunha hora estiveron percorrendo algunhas das seccións do museo de Pontevedra, aprendendo o que é un meuseo e divertíndose. Podedes ver as fotos da xornada premendo na imaxe.