5º Primaria

TURONIA DE 5º

Hoxe o alumnado de 5º fixo o seu Turonia. Saímos do Caselles e cruzando polo Xibao, Santa Rosa, Cotro, Sobreaveiga,e o paseo do Río Miño ata a Fortaleza, chegamos ao Club Deportivo Miño-Teixugos, onde Emilio, coa axuda de Xavi, Mateo e Samuel nos agasallaron cun paseo en caiac. 

Polo camiño vimos un pazo, tres muíños, unha fonte, árbores senlleiras e un peto de ánimas aínda en uso. Rematamos cun divertido e refrescante paseo en barco.

Para ver tódalas fotos, premede na imaxe.

CHARLA SOBRE APICULTURA

Hoxe as nenas  e nenos de 5º recibiron unha visita moi especial. No entroido fomos todos e todas de apicultores, e quixemos saber máis sobre o tema, por iso recibimos a visita de Javi, o pai dun compañeiro, que ten moitas colmeas e que herdou da súa familia o traballo coas abellas.

Estívonos contando moitas cousas sobre a interesantísima vida das abellas, de como nacen, como medran, dos tipos que hai. Tamén nos falou das abellas raíñas e dos enxames, das enfermidades e iinimigos que teñen, de como lles está a afectar o cambio climático, e moitísimas cousas máis.

Moitas grazas Javi!!!

VISITAMOS FP INNOVA EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Este venres 5º curso volveu a Santiago, pero desta vez foron a Cidade da Cultura para ver a gran exposición de FP Innova. Había moitísima xente e moitísimos proxectos innovadores. Visitaron moitos expositores e en todos lles explicaron cousas, e nalgúns ata lles deron agasallos.

A saída tiveron a oportunidade de gozar da marabillosa Cidade da Cultura, e non puideron resistir subir polas súas paredes. 

Podedes ver tódalas fotos premendo na imaxe.

VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA

5º de primaria foi de visita a Santiago. Foi unha viaxe longa e intensa, na que aproveitamos cada minuto de tempo. 

Saímos ben cediño, as 8.00, para chegar ao Parlamento onde nos explicaron o seu funcionamento e visitamos as súas dependencias.

Despois, nunha longa andaina, chegamos ao museo do pobo galego. Alí gozamos dos traballos dos nosos antergos, soubemos da súa maneira de vivir, traballar e festexar.

Logo dunha paradiña para xantar, visitamos a catedral e as rúas e prazas que a rodean.

Rematamos a xornada en Santiago no MUPEGA, o Museo Pedagóxico Galego, onde aprendemos como evolucionaron a educación e as escolas ao longo da historia.

Na volta, aínda tivemos tempo de facer unha paradiña en Caldas de Reis para ver a súa fonte termal e xogar un pouquiño.

Se queredes ver tódalas fotos da xornada, premede na imaxe de abaixo.

ACTIVIDADES REVITALIZA

Hoxe no CEP Pedro Caselles tivemos dúas actividades moi especiais. Tivemos a visita de Marcelo e Abel que nos viñeron falar do Ph do solo e dos animaliños que viven no compost.

Estas actividades están organizadas para os centros escolares pola Deputación de Pontevedra, dentro do programa de compostaxe "Revitaliza", e que teñen como fin difundir a compostaxe entre escolares  para concienciar na necesidade de tratar o lixo de xeito sostible e formar aos escolares no respecto ao Medio Ambiente.

O alumnado de 5º curso tivo a oportunidade de observar todos os invertebrados que axudan a fabricar o compost e aprenderon moitos nomes centíficos. Nunha mostra foron quen de atopar gran catidade de animaliños, observalos a través de lupas e identificalos. Especialmente emocionante foi a descuberta de gran cantidade de ovos de miñoca.

E despois asistimos a unha charla sobre o ph do chan, na que aprendemos porque unhas veces o chan é ácido e outras alcalino, e tamén posibles formas de controlar o ph do solo.

Para ver as fotos, preme na imaxe.

SI RADIO: RADIO EMOCIÓNATE

Con motivo do noventa aniversario da chegada da radio a Galicia, SI Radio e a Asociación Ondiñas, percorren os colexios galegos levando a radio ás escolas. Da man das e dos máis novos dan a coñecer a actualidade dos seus Concellos e rescatan da memoria as lembranzas vividas ao carón dun aparello de radio. Podedes velo premendo AQUÍ

Nesta ocasión tocoulle ao noso colexio. Na biblioteca montouse un estudo de radio e unha exposición de radios antigas. Todos os nenos e nenas do CEP Pedro Caselles tiveron ocasión de asistir como público, pero foi o alumnado de quinto o encargado de axudar a presentadora, Amparo, a realizar este fabuloso traballo.

Entrevistamos a moitos tomiñeses importantes:

-Sandra, a nosa alcaldesa que foi alumna deste colexio.

-Éder, baixista da orquestra América, que é pai dun  neno de quinto. Éder, ademais de contestar ás preguntas, tamén tocou tres pezas que nos encantaron.

-Esteban, outro ex-alumno que se preparou para ser presentador de radio.

-Manu, un antigo alumno do Caselles, que acaba de conseguir unha medalla de prata nunha Copa do Mundo de piragüismo, na modalidade de Extremo.

-Gabriel, un coleccionista de radios, que as cedeu para a exposición.

-Gabino, director e ideador de radio emociónate, este proxecto que leva a radio as escolas.

-Alfonso, o noso director.

Foi moi emocionante, e nós fixémolo moi ben, todo o mundo nos felicitou. Agora so nos queda que saquen a gravación para poder escoitala.

Podedes ver fotos do programa premendo na imaxe.

 

 

 

VISITA AO MUSEO DE PONTEVEDRA

As nenas e nenos de 5º curso foron de visita ao museo de Pontevedra. Antes de entrar demos unha voltiña pola cidade, pola parte vella. E despois xa comezamos coa visita guiada, a nosa guía, María, estivo explicándonos algunhas cousiñas da nosa prehistoria. Aprendemos moito e vimos gran cantidade de restos arqueolóxicos da nosa prehistoria conservados no museo. 

Se queredes ver máis fotos premede na imaxe.

VISITAMOS TUI

Hoxe as nenas e nenos de 5º curso fomos de visita educativa a Tui. Estivemos percorrendo a súa parte antiga. Miramos algúns restos do barrio xudeu, a sinagoga e a botica; despois fomos ao convento das Clarisas, atravesamos túneis, vimos restos da antiga muralla... e rematamos na catedral.

Alí estábanos esperando Ana, que sabe moitísimo da catedral de Tui. Falounos dos escudos que hai repartidos por toda a catedral, que representaba cada un, tamén nos contou cousas de moitos personaxes da Idade Media, de como vivían, de como traballaban... en fin, foi un día diferente, no que aprendemos moito, e, ademais, pasámolo moi ben.Para ver máis fotos, preme na imaxe.

 

MÓLLATE POLOS RÍOS-XV LIMPEZA SIMULTÁNEA DE RÍOS

As nenas e nenos de 5º curso fomos este luns a percorrer as marxes do río Pego ao seu paso polo Xibao. Fomos ben preparados para recoller todo o lixo nunha actividade organizada por ADEGA e o Concello de Tomiño. Tivemos algunhas dificultades para acceder a algunhas zonas porque había demasiado mato, pero taméen comprobamos que neses lugares case non había lixo.

Ao final, coa axuda de dúas mozas, conseguimos recoller seis bolsas de lixo.

Para ver máis fotos, premer na imaxe.

CAMISETAS MOLONAS!

Xa comezamos coa impresión dos nosos debuxos nas camisetiñas! Pero que chulada!!! Ollo, só aptas para visualizar ante un espello!! (Erro de novatos/as). Bravo chicas/os! Sodes moi creativos/as!