VISITAMOS SANTIAGO DE COMPOSTELA

5º de primaria foi de visita a Santiago. Foi unha viaxe longa e intensa, na que aproveitamos cada minuto de tempo. 

Saímos ben cediño, as 8.00, para chegar ao Parlamento onde nos explicaron o seu funcionamento e visitamos as súas dependencias.

Despois, nunha longa andaina, chegamos ao museo do pobo galego. Alí gozamos dos traballos dos nosos antergos, soubemos da súa maneira de vivir, traballar e festexar.

Logo dunha paradiña para xantar, visitamos a catedral e as rúas e prazas que a rodean.

Rematamos a xornada en Santiago no MUPEGA, o Museo Pedagóxico Galego, onde aprendemos como evolucionaron a educación e as escolas ao longo da historia.

Na volta, aínda tivemos tempo de facer unha paradiña en Caldas de Reis para ver a súa fonte termal e xogar un pouquiño.

Se queredes ver tódalas fotos da xornada, premede na imaxe de abaixo.