5º Primaria

O bo tempo permítenos traballar ao aire libre!

Que ben se está nas mesiñas do colexio! Aire fresco e natureza que nos envolve mentras facemos as nosas tarefas! Que afortunados/as somos! Achégase a primavera!!

Os nosos planetarios

Identificados os astros do noso Sistema Solar! Mirade algún dos nosos planetarios!

Obradoiro de radio 1º grupo!

Ehhh!! Rematado o primeiro obradoiro de RADIO! Estamos cos últimos retoques na edición do programa e... en breves publicamos! Aquí unhas fotiños de todo o proceso! Moi ben rapaces e rapazas!

 

Pratos saudables

Presentámosvos os pratos saudables realizados na clase e na casa coa axuda dos papás e mamás. Moitas grazas, familias!

Igual non son as mellores combinacións do mundo, pero son mooooooi saudables! Non nos faltará ningún nutrinte e creceremos sans e fortes!

 

 

 

 

 

 

 

As nosas células

Os alumnos/as de quinto fixemos un proxecto sobre as células! Un conxunto de células forman tecidos, un conxunto de tecidos forman órganos, un conxunto de órganos forman sistemas, un conxunto de sistemas forman un aparato e un conxunto de aparatos... UN ORGANISMO!

Experimentos!

Ollade os nosos experimentos! Estamos listos/as para facer un mundo novo con enerxías renovables!

Máquinas simples e complexas

Os nenos/as de quinto xa sabemos identificar diferentes máquinas no noso entorno! Aquí poñemos un exemplo do noso traballiño.

 

OS ALUMNOS DE 5° B AGASALLARON ÁS PERSOAS MÁIS IMPORTANTES DO SEU CONFINAMENTO

Este fin de semana chuvioso adicámolo a facer unhas medallas con pasta de sal para facer un recoñecemento especial ás personas más importantes para nós durante o confinamento.