You are herePlan de consumo de froita na escola

Plan de consumo de froita na escola


FROITA NO RECREO

Esta semana comezamos co programa do Plan Proxecta "Froita na escola"

O Plan Proxecta é unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración con diferentes organismos, dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixe do currículo e os elementos transversais, nos cales se inclúe a educación en valores.

Neste caso a colaboración é coa Consellería de Medio Rural e do Mar coa fin de mellorar os hábitos alimenticios do alumnado, na modalidade denominada "Froita na escola" co obxecto de fomentar o consumo de froita entre o alumnado.

Durante a semana facilitarase a cada neno e nena unha peza de froita para consumir no recreo.

 

Froita no recreo 2014/2015

E xa vamos pola terceira semana da froita deste curso. Intentamos educar ao noso alumnado nos principios dunha boa alimentación.

FROITA 2013/2014

Da semana do 10 ao 14 de febreiro comenzaremos o Plan de consumo de froita neste curso. Cada día no recreo os nenos recibiran unha peza de froita.

Este é un dos programas do Plan Proxecta da Xunta de Galicia, para máis información picar AQUÍ.

Estas son as bolsiñas para a froita personalizadas, que logo reciclaremos nas sesións de plástica.

 

 

luns 10 mazá
martes 11 plátano
mércores 12 pera
xoves 13 clementina
venres 14 froita variada

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Froita 2012/2013

Neste curso 2012/13 nos incorporamos ao Plan de Consumo de Froitas na Escola, que subvencionado con fondos europeos, pretende incidir nos bos hábitos alimentarios de consumo de froitas e verduras dende as pequenas idades dos nosos alumnos/as.

O plan, englobado nun proxecto a nivel europeo, ten por obxecto familiarizar á totalidade dos escolares co consumo habitual de froita.

Nesa liña ofreceremos productos de cada momento, en catro semanas repartidas no curso, comezando o 15 de outubro con uvas, mazás, plátanos, peras e mandarinas (de luns a venres).

No momento do recreo ofrecerase á totalidade dos alumnos/as unha ración de froita, para comer en lugar do bocata, bollería, ou outro producto que habitualmente trae de casa.

O éxito do plan depende do grao de aceptación entre o alumnado, e para iso precisamos a colaboración de todos/as:  os mestres traballaremos aspectos da alimentación, animaremos aos nosos alumnos, organizaremos actividadesde ambientación... E nas familias precisamos que faledes con eles do importante dunha alimentación equilibrada e rica en froitas e verduras. Soamente así poderá ter éxito este programa.

Podedes obter máis información sobre este proxecto, así como recursos didácticos, no enderezo web www.alimentacion.es, ao que se accede pinchando na fotode arriba.

Traballamos coas froitas

 

 

Luns 15 de outubro de 2012- UVAS




Martes 16 de outubro de 2012- MAZÁNS

Mércores 17 de outubro de 2012-PLÁTANO



Xoves 18 de outubro de 2012-PERA


Venres 19 de outubro de 2012-MANDARINA

Luns 19 de novembro de 2012- MANDARINAS


Martes 20 de novembro de 2012-KIWI


Mércores 21 de novembro de 2012-UVAS



Xoves 22 de novembro de 2012-PLÁTANO



Venres 23 de novembro de 2012-PERA




Luns 18 de febreiro de 2013- MAZÁN


Martes 19 de febreiro de 2013- PLÁTANO