CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Proxectos

ACTO CONMEMORATIVO DAS LETRAS GALEGAS 2018

Como remate da semana cultural, na que o pasado mércores 16 os pais, as nais e familias do alumnado puideron asitir a ver os seus fillos que lles ensinaba e expoñían os seus traballos que forman parte da aula de natureza, o venres 18 lembramos á homenaxeda no día das LetraS Galegas deste ano:

Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria foron os encargados de homenaxeala coas dramatizacións que, a continuación, podedes ver facendo clic no video.

Por último, podemos agradecer á ANPA do noso cole, que nos puidera traer de primeira man ao Mago Zanas, que nos trouxo maxia ao Caselles. Desfrutamos moito coa súa presenza!

 

 

Se querede ver imaxes deste acto e da actuación do MZ (Mago Zanas), facede clic na imaxe.

ENTROIDO 2018

Entroidada moi científica este ano no Caselles. o día ameazaba chuvia, pero finalmente o tempo púxose da nosa parte e puidemos desfilar ata a praza do Seixo.

Nesta ocasión foi un Entroido novidoso, pois o deseño dos disfraces quedou en mans das familias, e o resultado non puido ser mellor, creatividade elevada a máxima potencia.

Moitas grazas familias e parabéns polo voso bo facer!!

 

Se queredes ver as fotos do día premede na imaxe.

 

VISITAS Á AULA DE NATUREZA

Varios cursos visitamos a aula de natureza, onde están expostos e recollidos os traballos que fixemos nos obradoiros PEGADAS RUPESTRES.
Entre estes obradoiros están os de tiro con arco, orfebrería, gravado de petróglifos, pintura de arte rupestre, modelado de barro.

Traballos de pintura rupestre
Traballos modelado de barro
 

Ademais destes traballos, tamén están expostos outros traballos que fixeron en diferentes cursos da Primaria; entre os que destacan a presentación de traballos de petróglifos, gravado de petróglifos e unha maqueta dunha representación da vida castrexa. Que chula quedou!


Maqueta
 
 

 

 
Gravado de petróglifos
 


Puidemos lembrar todo o que se fixo, gozar de traballos doutros cursos e aprender un pouquiño sobre a Prehistoria. De feito, houbo un folleto, para cada un, onde se explicaba un pouco sobre a Prehistoria
Incluso, xogamos ao memotest.

 Xogo memotest


Preme AQUÍ para ver máis fotos
 
Tamén hai un espazo adicado ás lendas de Tomiño, elaborado polos nenos e nenas de 1º que son os encargados de narralas.
Para poder ver e escoitar tedes que premer AQUÍ; e velo ao final da entrada do noso blog.
 

FESTIVAL LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos un video co festival das Letras Galegas celebrado na clausura da Semana Cultural do pasado mes de maio onde actuaron os nenos e nenas de diferentes cursos.

 

SEMANA CULTURAL. LETRAS GALEGAS 2014

Como peche da Semana Cultural actuación de Cé Orquestra Pantasma.

 

 

Este ano o proxecto do EDNL do CEP Pedro Caselles fixo unha recollida de ditos, palabras, refráns , contiños,... da tradición oral tomiñesa e de fotos antigas. Todo o que chegou as nosas mans está recollido en dous blogs que vos animamos a visitar:

Tomiño no tempo: Xentes de antes

Artesourando

Tamén fixemos un video no que intervén todo o alumnado do colexio (a excepción dos que faltaron o día da rodaxe) no que nos mostran as palabras recollidas.

 

Con todo ese material montouse na segunda planta do colexio a exposición "Xentes de antes, verbas de antes". Na que se lles ofreceu a todo o alumnado ademáis da visita de rigor, actividades relacionadas cos tempos de antes.

 

Fotos

 

 

Radio Escolar

 

Programa da Semana Cultural 2014

 

 

Semana cultural 2013

Na semana que rematou co 17 de maio, día das letras galegas, celebramos no colexio uns actos culturais que pretenden homenaxear a Roberto Vidal Bolaño e a Rosalía de Castro,  no que chamamos "Semana Cultural".

Nesta ocasión, Uncas, a nosa mascota, vai coñecer o río Cereixo, e con el, todos os alumnos e alumnas do cole. Descubrirán onde nace, por onde pasa, que lugares singulares visita, que plantas e animais viven a carón del... se queredes ver máis sobre o río Cereixo premede aquí.

 

Tamén tivemos un obradoiro de regueifas a cargo de Luis "Caruncho" e Pinto D'Herbón.

 

O xoves 16 contamos coa actuación do grupo de Pinzás "Tradi Són", día no que celebramos un pequeno acto de clausura.

 

 

 

Catro días intensos, que comezaron o luns cunha lectura e actividade relacionada cos homenaxeados deste ano. Para mostra esta homenaxe dos máis pequenos a nosa gran Rosalía.

TALLER DE CINE MUDO

Estes son os videos que fixemos no taller de cine mudo.

Blog de Turonia 2012

A actividade de Turonia se merece un espazo diferenciado nas nosas webs. Pincha na imaxe e poderás acceder ao blog propio deste curso

Radio Caselles

Esta é a nosa emisora de radio. Escóitanos!

Distribuir contido