CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Proxectos

Uncas TV

Estade atentos a esta pantalla. Hoxe emitimos en directo.



Visita do CEIP Nº 1 de Tui

O pasado mércores, 15 de febreiro, visitáronnos os alumnos de E. Infantil do CEIP Nº 1 de Tui, porque van traballar o Universo, e viñeron buscando motivación.   Pensamos que a atoparon. Non si?

Visita do CEIP Nº 1 de Tui from Ceppedro Caselles on Vimeo.

Turonia 2011. O video

Xa temos o video oficial da edición 2011 de Turonia.   Que o disfrutedes!

 

Tamén dende o colexio de Tebra fixeron un video do Turonia de 6º. Podedes disfrutalo no seguinte enlace:

Turonia 2011. CEIP de Tebra

Os pequeturonias

Os demáis alumnos do colexio tamén fixeron as súas Turonias.

O mércores dia 8 saíron os do segundo ciclo,  que rodearon o monte de Barro e volveron ao colexio polo Rexidouro, o xoves 9 o primeiro ciclo viaxou por Vilachán, para visitar a casa dos Pérez Bouzada, e o venres 10, os de quinto foron ata Vilameán, para ver funcionar os muiños do Porto;  estes últimos andiveron un total de 12 quilómetros... E máis que lles botaran!

 

 

Fotos do primeiro ciclo:

Esta é a saída do segundo ciclo

 

Esta é a saída de 5º

Turonia de 6º: dous días de aventura por Tomiño

Os días 2 e 3 de xuño realizamos a edición de Turonia 2011 cos alumnos de 6º.  Nesta ocasión compartimos a experiencia cos alumnos de Sobrada, Barrantes, e Tebra, colexio que se estreaba nesta experiencia.

Nesta ocasión atravesamos Tomiño dende Pinzás ata Goián, visitando sitios tan fermosos como o río Cereixo, os muíños do Porto, o val de Barrantes-Rexidouro,  as terras de Vilachán,Estás e Figueiró, e naturalmente, o río Miño en Goián. Incluso tivemos mascota da aventura:  Thor, o can de rescate da agrupación de Protección Civil, que disfrutou tanto como o que máis.

Foi unha experiencia inesquecible para os que o ano que ven estarán xa no instituto. Seguro que máis dunha vez comentarán os detalles da aventura.

Pero nós xa estamos pensando na próxima edición. Esta Turonia non remata nunca. Xa van 11 edicións, e temos corda para tempo.

 

 

Aquí podes ver algunhas fotos:

 

VISITA VIRTUAL AO UNIVERSO CASELLES

As contadas de Celso

O mércores 11 de Maio, coincidindo coa inauguración da nosa Semana Cultural, estivo no  cole Celso de Lalín, para deleitarnos coas súas contadas. Contounos historias do home do saco, da TV, o rapaz "bobo",... e fíxonos cantar divertidas

cancións.

Ben Falado!

Saímos na TVG!  As tomas que estiveran a facer no pasado mes de xuño un equipo de televisión emitíronse o venres, 19 de novembro. Os protagonistas da cinta demostraron a súa capacidade e coñecementos sobre astronomía, e puxeron nun bo lugar este colexio.  Temos que felicitarnos todos polo ben que estiveron.  Noraboa!

 

 

Programa BEN FALADO emitido o 19 de novembro de 2010 na TVG

 

 

 

 

 

 

 

Turonia 2010

No 2010 cumplimos 10 anos de Turonia. Son xa moitas edicións dunha actividade que percorre camiños e lugares do noso propio concello, e que fai que o coñezamos mellor en aspectos particulares, como a súa historia, as súas tradicións, etc, como en cuestións máis xerais, como zooloxía, botánica, etc.

As nosas camisetas e gorras xa son famosas por Tomiño, e a xente comenta "Alí veñen os de Turonia", cando ven pasar unha morea de cabezas verdes.

O logotipo empregado este ano fai referencia ao universo, como recordatorio das actividades que se fixeron no colexio durante o curso.

O Turonia de 6º fíxose conxuntamente con Barrantes e Sobrada, e trazamos o camiño de Santiago en sentido inverso, comezando no Tetón e rematando en Goián.

Pasamos noite no noso colexio, e ao final da segunda xornada, tivemos outra vez a experiencia das piraguas no río.  

Foto dos alumnos diante da igrexa de San Salvador de Tebra

 Unha experiencia inesquecible.

 E tamén fixeron Turonia o resto dos alumnos do colexio. O primeiro ciclo fixo unha ruta pola zona do Xibao, e aprenderon moito sobre herbas e plantas.

O segundo ciclo e 5º curso fixeron un percorrido dende o cole ata Hospital, e dalí ao río de A Pedra. E xa demostraron que están preparados para o turonia final.

Se facedes clic na foto, podedes acceder a un album de fotos do Turonia de 6º 

Xornada de clausura Universo Caselles

O día 21 de maio celebramos a xornada de clausura da primavera cultural que este ano chamamos "Universo Caselles"

 

Distribuir contido