Con este título, "Baixo terra" imos traballar dende Normalización Lingüística un proxecto que nos achegue ao mundo da arqueoloxía.
A nosa terra ten moita riqueza arqueolóxica, e achegarnos a este mundo dende un punto de vista pedagóxico é o noso desafío. Como os xacementos arqueolóxicos non se poden manipular, teremos que facer algo para que os nosos alumnos e alumnas poidan exercer de arqueólogos e coñecer este mundo en tódolos seus aspectos.
Estade atentos. Moi pronto coñeceredes unha toupa que se fará famosa no colexio.