3º Primaria

Bo día!!!

Chegou o momento de despedirnos ata o próximo curso. Queremos desexarvos un estupendo verán e, darvos as grazas por este marabilloso ano no que tanto traballastes e nos fixestes desfrutar como profes.

Tan xenerosos, coma sempre, vós tamén vos quixestes despedir dos vosos compañeiros e de nós. Guiño

Desfrutade moito dunhas merecedísimas vacacións!!!

Bo verán!!!

Vémonos en Setembro!!!!Sorriso

 

Bos días!!!

Onte publicabamos as vosas inxeniosas adiviñas. Seguro que moitos quedastes ca intriga de cal será a solución a  algunha das formuladas polos vosos compañeiros e compañeiras. 

Pois ben, non vos facemos esperar máis, aquí van as solucións a todas a elas.

Ademais, como sorpresa, queríamosvos ensinar un vídeo recopilatorio de todo o voso traballo nos talleres. Recordades todo o que fixemos nos talleres do cole? Pasámolo en grande e aprendimos un montón!!!Esperamos que vos guste!!!!Risa 

 

Para o próximo curso máis e mellor!!!!

Despois de tanto traballar, por fin, chegou o momento de desfrutar!!!!

Mañá, ás 11, agardámosvos a todos para celebrar unha gran festa por videochamada!!!Lede con atención a invitación para non esquecer nada!!!


Principalmente, traede moitas gañas de pasalo ben!!!!

Ata mañá!!!!

Bo día!

Xa está aquí o vídeo cas vosas adiviñas, todas elas moi inxeniosas. A ver cantas sodes capaces de resolver? Algunha non é nada sinxela pero estamos seguras que o conseguiredes!

Mañá colgaremos o vídeo cas solucións para que comprobedes se as respostas eran as correctas.

Desfrutade do día!!!

 

¡Buenos días!

A continuación os presentamos un vídeo con los divertidos trabalenguas propuestos ayer. 

                                   ¡Esperamos que os guste!Risa

 

A continuación, presentamos a solución ó último desafío que vos propuxemos, ó parecer gustouvos moito!Risa

Recordamos, a pregunta era a seguinte:

 

E aquí a solución!

Como podedes ver fixéstelo todos xenial, sen comentar nin un só erro, clasificastes a toda a familia de Bob Esponja. 

Aínda así, por se quedara algunha dúbida, Leo ensínanos cos seus bonecos, a que grupo pertence cada personaxe. Estupendo compañeiro!!! 

 

Este pasado sábado, foi un día moi especial para dous dos nosos compañeiros, Sara e Pablo estiveron de aniversario!! Ambos celebrárono cunha riquísima tarta e unha magnífica celebración familiar.

Dende aquí queremos desexarlle MOITAS FELICIDADES e enviarlle miles bicos e apertas!!

 

 

 

 

 

Bo día!!!!Risa

Está chegando o fin de curso e con el, as vosas merecidísimas vacacións!!!

Como sabemos que xa estades moi cansos e o fixestes xenial ata agora, para esta semana, propoñémosvos pouquiñas actividades!!!

Ademais, cremos que vos resultarán divertidas!!!!Para coñecer o que debedes facer cada día tedes que clicar sobre o cartel.

Como podedes ver, o xoves, teremos todo 3º unha gran festa online e o venres unha gran despedida. 

Os vídeos que vos pedimos intentade enviárnolos o día que corresponde, para evitar que algún se extravíe!!!Guiño 

Agárdanos unha magnífica semana!!!!

 

Bo día!!Hoxe xa rematamos a semana!!!Risa

Só tedes uns exercicios de matemáticas moi sinxelos a través dos cales repasaredes divisións, multiplicacións e series numéricas (Libro do 3º Trimestre). Farédelos rapidísimo, xa veredes!!

 

Agora vén o máis divertido, Ainhoa preséntanos a dous animais mariños que se atopou nunha visita á praia. Xa veredes, moi atentos! 

A nosa compañeira atópase ó Señor Cangrejo e  a PatricioRisa dúas das personaxes de Bob Esponja, debuxos que estamos seguras todos vistes.

Relacionado con isto, como todos os xoves, propoñémosvos un desafío:

Converterédesvos en biólogos (científicos encargados do estudo de seres vivos) e clasificaredes ás diferentes personaxes de Bob Esponja.


Para que vos sexa máis doada a clasificación, deixámosvos unha guía, clicade para acceder a ela.


Como todos os retos, podedes entregalo ata o luns pola mañá!!!Xa é o último, animádevos!!!!

As tarefas de matemáticas son para hoxe!!!

Recordámosvos, ademais, que tedes unha videochamada cas profes de Inglés e Relixión ás 12. Non vos esquezades!!!

E sen máis, moi bo día!!!!!

Feliz Xoves!!!!

 

O último desafío que vos propuxemos consistía en investigar  que era a hibernación? e que animais hibernaban?

Pois ben, neste vídeo publicamos todos os traballos que nos enviastes, pero antes, animámosvos a ver unha pequena explicación extraída do canal Woa, na que o Dr. Binocs vos explica de forma divertida en que consiste dito proceso. 

Distribuir contido