3º Primaria

 

 

Bos días!!!!Xa é venres!!!Rematou a semana así que un último esforzo e a descansar!!!

As tarefas son as seguintes:

     

 

Como todos os días que lean 10 minutos en voz alta e 10 en voz baixa.

BOA FIN DE SEMANA!!!!

Bos días!!!Que tal?Xa estamos a xoves!!Outro día menos!

Como todos os días colgámosvos as tarefas para hoxe. 

                       

Recordade ler 10 minutiños en voz alta e 10 en voz baixa. Repasade as táboas, podédelo facer a través deste xogo (Xogo 1). Seguro que vos sobra tempo así que animádevos a repasar tamén as divisións entrando aquí:Xogo 2

Estádelo facendo estupendamente, non vos desanimedes e a seguir así!

FELIZ XOVES!!!

 

 

Estes días estamos a ver o mundo dende outra perspectiva. Ó ter que estar na casa, contemplamos o mundo dende a fiestra. 

Neste sentido a obra do conocido artista Salvador Dalí, Muchacha en la ventanaestá máis de actualidade que nunca. Como podedes ver a protagonista desta obra contempla o mar dende a ventá. E vós que vedes? Cal é a vosa vista?

Para conseguir achegarnos un pouquiño máis pese a distancia, colgámosvos as vistas dos vosos compañeiros e profes. Clicade enriba da imaxe para velas!!!

 

 

Bos días!

Hoxe traballaremos Lingua Castelá e Matemáticas. A diferenza destos días nos que fixemos actividades de repaso, hoxe veremos cousiñas novas. En Concreto: O Adxectivo e As Horas.

Por iso antes de comezar a traballar debedes ver uns vídeos que vos axudarán a realizar as actividades. 

  • Neste vídeo encontraredes a explicación de que é un adxectivo.
  • Neste dous vídeos información sobre as horas: Vídeo 1 e Vídeo 2.

Unha vez visto os vídeos podedes comezar coas actividades.

                      

Para practicar as horas podedes facer algunha manualidade como esta, simplemente, precisades cartón e podedes decorar os reloxos como queirades.

Ou ben descargarvos estas plantillas: Plantilla 1 e Plantilla 2.

Como todos os días recordade ler 10 minutiños en voz alta e outros 10 en voz baixa!E repasar as táboas de multiplicar. Tedes varios xogos nas publicacións do luns e martes.

FELIZ MÉRCORES! 

 

Sabemos que a moitos de vós vos encanta debuxar e pintar, polo que vos colgamos un titorial para crear diferentes animais. Podedes facer un debuxo dunha paisaxe con varios dos mesmos e enviárnolos. 

Na clase pedídesnos moitas veces música relaxante así que podedes poñer música e A PINTAR.

Esta actividade é totalmente optativa.

 

Bo día! Hoxe, martes, as tarefas que debedes realizar son de Matemáticas e Lingua Castelá!

Estamos recibindo fotas das estupendas manualidades que fixestes onte. En canto as teñamos todas colgarémolas para que vexades os traballos dos vosos compañeiros e compañeiras!

 

 

Como todos os días recordade ler 10 minutos en voz alta e outros 10 en voz baixa. Ademais de repasar as táboas de multiplicar. Podedes acceder a este xogo.

E sobre todo moito moito ánimo!!!!Recordade que cada día é un día menos para volver á normalidade.

FELIZ MARTES!!!!!

Bos días! Comezamos a semana! A continuación, colgámosvos as tarefas para o día de hoxe.

Como xa sabedes debedes clicar encima das imaxes para acceder as actividades.

              

 

Non vos esquezades de ler algún libro 10 minutos en voz baixa e outros 10 en voz alta. Ademais de repasar as táboas de multiplicar. Podedes facelo a través destes xogos: Xogo 1 e Xogo 2.

FELIZ LUNS!!!

 

 

Distribuir contido