3º Primaria

Bo día!!!

Durante este periodo de cuarentena todos temos moito tempo para adicarlle os nosos hobbies: ler, pintar, escoitar música, cociñar... Moitos estádesvos convertindo en auténticos chefs.

Pois ben, Vera, está practicando moito na cociña e quixo compartir con todos unha receita do máis doce!!Se vos gustan as galletas oreo, esta é a vosa receita!!! Atentos!!

 

Apetecible, verdade? Seguro que moitos vos animades a probar esta delicia nas vosas casas. Agora a vosa función será contestar a unhas sinxelas peguntas sobre a receita!!!Clicade sobre a imaxe para acceder ás mesmas!

Unha vez feito isto, centrámonos no traballo de Ciencias Naturais. Hoxe, veremos a clasificación das plantas segundo o seu talo. Antes de facer as actividades lede detidamente a páxina que se vos indica e mirade o vídeo!Serviravos de axuda!!!

  

Cando rematedes con Ciencias, podedes facer unha/dúas páxinas dos Cuadernillo Rubio (Problemas).

E por último, colgamos as solucións do desafío que vos plantexamos o venres!!Como vimos a moitos resultouvos sinxelo, debe ser que cambiamos pouquiño!!Risa

Pulsando aquí accededes as solucións onde se relaciona substantivo e adxectivo.

Mentras que se clicades en Fotos 3ºA e Fotos 3º B, atoparedes os collages cas nosas fotos de pequeniños e as actuais!!!

Sen máis, FELIZ MARTES!!!!

 

 

Moi bos días!!Que tal a fin de semana? Estamos seguras que hoxe estades cas pilas máis que cargadas despois do paseíño que puidestes dar onte!

Con toda esta enerxía, enfrentámonos ás tarefas de hoxe!!!En primeiro lugar, disfrutaremos do simpático conto  "O cuíño independente" lido por Anxo!Para posteriormente, responder ás preguntas sobre o mesmo.

 

Ó rematar Lingua, centrámonos en Matemáticas. Repasaremos o calendario (cantos meses ten un bimestre, un trimestre, un semestre...?). Ademais traballaremos sobre o propio calendario localizando días.

 

Como seguramente tedes moitas gañas de traballar, ó rematar podedes facer unhas páxinas dos rubio, por exemplo: unha folla de restas e outra de divisións!

Por último, tócavos realizar dous xogos online. No primeiro, debedes localizar os substantivos ou nomes (Xogo 1).No segundo (Xogo 2) a vosa labor será relacionar os substantivos co adxectivo axeitado!!!

Unha vez feito isto, rematastes o traballo!!!

Por certo, mañá publicaremos as solucións ó Desafío colgado o venres!!Se alguén non se acordou de facelo está a tempo! Non vos esquezades!

Feliz Luns!!!!

 

Ola chic@s!!!

Esta semana propuxémosvos un desafío, acordádesvos?O primeiro paso do desafío consistía en que nos enviarades un foto vosa de pequenos e outra actual. Pois ben, todos completastes a primeira proba do desafío.

Pero agora, ven a parte máis divertida, atentos!!!!!Clicade na imaxe para saber en que consiste.

Ben, unha vez que xa sabedes o que debedes facer. Aquí, tedes as fotos de pequenos e actuais para que as relacionedes. Simplemente debedes clicar sobre as mesmas!!!

A ver se sodes capaces!!!

 Fotos 3ºA!!!

Fotos de pequenos 3ºA                                                                  Fotos actuais 3º A         

  Fotos 3º B!!!

Fotos de pequenos 3º B                                                                  Fotos actuais 3º B

 

Tedes todo o fin de semana para intentar descubrir a que compañeiro corresponde cada foto e relaciona ca actual!!!!O luns colgaremos as solucións!!!!!

A xogar!!!!

Bo día!Xa estamos a venres!!Un último esforzo e a descansar!!!

Hoxe, é Martín coa axuda da súa nai e irmán, quen nos deleita co conto "Onde viven os monstros", un entretido conto que ten ata efectos!!Escoitádeo moi atentos!!

Agora respondede a estas sinxelas preguntas:

Unha vez feito isto, traballamos MatemáticasContinuamos repasando as unidades de tempo: horas, minutos e segundos.

Como vedes, hoxe tedes pouquiño traballo así que esforzádevos, respostas longas en Lingua e copiade os enunciados en Matemáticas. 

Boa fin de semana!!!

Bo día!!

Hoxe, 23 de abril é o Día do Libro e, para celebralo imos a disfrutar dunha marabillosa representación do conto "O lobo e os catro cabritiños" feita por Nerea e Leila ca axuda do seu pai. Atentos!!

 

Despois de disfrutar desta gran representación debedes contestar ás seguintes preguntas:

Unha vez feito isto, centrámonos no traballo de Ciencias Naturais. Hoxe, en concreto, na FLOR e as súas partes. Antes de facer as actividades recomendámosvos ver este vídeo.

E por último, unha actividade do máis divertido. Como en Ciencias traballamos a flor, imaxinádesvos de que será o traballo de Plástica? Pois sí, será facer unha flor!!En concreto unha flor ou varias de Origami. A continuación, deixámosvos un vídeo, exemplo de como se poden facer. Podedes facer estas ou outras que vós queirades!

 

Ó rematar, enviádenos foto ca vosa manualidade!!

E ata aquí o traballo de hoxe, Feliz Xoves!

Bo día!!!

A nosa compañeira Noa cóntanos hoxe un divertidísimo conto que se titula  "Doña Despistada". Atentos á lectura!!

Moi entretido, verdade? Agora tócavos responder ás preguntas sobre este animado relato.

Unha vez feito isto,comezamos Matemáticas. Seguimos traballando O Tempo. En concreto, traballaremos máis detalladamente as unidades de tempo: horas, minutos e segundos.

Para completar as tarefas de matemáticas entrade neste XOGO. A través do mesmo repasaredes as multiplicacións por dúas cifras!!!A moitos, esquécesevos multiplicar a segunda cifra así que é unha forma divertida de practicar iso!Animádevos a probar!

E por último, propoñémosvos un desafío. Clicade sobre el e lede con atención para saber en que consiste! Fixádevos, para hoxe xa tedes un encargo, non fagades como Doña Despistada, e acordádevos de realizalo.


Por hoxe, traballo finalizado!!!Feliz Mércores!!

 

Bo día!!

Hoxe é a nosa compañeira Carlota a encargada de contarnos o conto "Amelia quere un can". Desfrutade da estupenda historia para, a continuación, contestar ás preguntas que se atopan tras a portada do libro.

 

Ó rematar cas actividades de Lingua Galega centrámonos en Matemáticas.Nesta materia, hoxe, repasaremos como se divide o ano: cantos días ten un ano, os meses e as estacións. A continuación, recóllense os meses que forman cada estación, na imaxe. Ademais, se o precisan, no vídeo repásase a orde e os días que ten cada mes.

Para rematar, debedes completar dous xogos: XOGO 1 e XOGO 2. Nos que practicaredes seis sumas e seis restas con levadas. Moi sinxeliño así que facédeo no menor tempo posible e dádelle a corrixir para comprobar que o resultado é o correcto. Ó completar estos xogos xa rematastes o traballo!!Estupendo!!!Risa

FELIZ MARTES!!

 

Hoxe comezamos a traballar o tema das Plantas en Ciencias Naturais. Non é un tema novo para vós xa que o ano pasado xa o traballamos. A través deste vídeo decido polas profes Rosa e Vanesa de segundo, refrescamos o que vimos o ano pasado!!!!Seguro que vos acordades de moito!!!

Acordádesvos de moitas cousas, verdade? Pois ben, agora vamos a centrarnos nos aspectos que tedes que traballar hoxe!!!Xa sabedes que as plantas realizan tres funcións vitais como todos os seres vivos: Nutrición, relación e reprodución.

A continuación, amosámosvos dous vídeos. O primeiro,  explica como realizan a función de nutrición. O segundo, centrado nas partes das plantas.

 

Bo día! Que tal? Como foi a vosa fin de semana?Esperamos que a disfrutarades!

Como xa sabedes, esta semana, celébrase o Día do Libro, en concreto o día 23, xoves. Con motivo de tal celebración, pedímosvos que nos enviárades vídeos lendo/representando algún conto que tiverades na casa, sós ou en familia. Pois ben, estamos encantadas porque recibimos moitos así que celebraremos a Semana do Libro.

Isto que quere dicir? Cada día traballaremos nas Linguas cun conto interpretado por algún compañeiro ou compañeira.Por iso, o primeiro que debedes facer para realizar as tarefas é escoitar o conto

Hoxe, comezamos co conto "O libro dos Porcos" lido marabillosamente polo noso compañeiro Juan.


Unha vez que escoitastes o conto tedes que responder a unhas sinxelas preguntas sobre o mesmo. Atopádelas clicando sobre a  portada do libro.

Unha vez feito isto, centrámonos en Ciencias Naturais. Comezamos co tema das "Plantas". 

 

Por último, propoñémosvos un xogo de Lingua Castelá. Neste xogo online debedes encontrar os substantivos que se atopan nas oracións. Recordade, que era un substantivo ou nome?

Os nomes ou substantivos son palabras que se utilizan para designar ás persoas, animais, plantas e as cousa. Poden ser:

- Comúns, ex.: fontanero, tigre, flor e bolígrafo.

- Propios, ex.: Lara, Ana e Junior.

Unha vez feito este repaso, entrade no XOGO, e demostrade os vosos coñecementos, a ver se conseguides que todos os cadradiños se volvan verdes. Recordade darlle clic en "Iniciar Presentación".

E por hoxe xa tedes as tarefas rematadas, bo traballo!

FELIZ LUNS!!! 

 

 

Distribuir contido