3º Primaria

Hoy, muchos nos comentasteis que nunca habíais escuchado hablar de este precioso animal, así que os dejamos un vídeo con curiosidades sobre el mismo. ¡Esperamos que os guste!

Onte foi un día moi especial para dous dos nosos compañeiros. Contámosvos!!!

Erin recibiu a visita dos bombeiros de Cambados. Estes acudiron a Tomiño e a Goián para realizar labores de desinfección e aproveitando a xornada déronlle unha sorpresa a Erin e a Breo. Menuda sorte!!!

Sara tamén tivo un día moi especial, pois coñeceu ós seus novos pitiños. Como vedes ten unha gran habilidade cos animais! Agora, unha pregunta para vós, sabedes canto tempo pasa dende que a galiña comeza a incubar os ovos ata que estos eclosionan? Investigádeo para luns!

 

 

 

 

Bo día!!

Hoxe volvemos a desfrutar da lectura dun marabilloso conto. Esta vez as encargadas de lelo son Sara Sousa ca axuda da súa nai, quen nos len "Dulce como el azúcar", unha obra dos escritores Oakley Graham e Allan Kleiman. Estade moi atentos xa veredes que é unha historia preciosa!

 

Moi bonita, verdade? Ás veces ser diferente é bo!!Agora tócavos responder a estas preguntas.


Unha vez feito isto, traballamos Ciencias Naturais (aínda que nos exercicios do conto xa o fixemos ). En Ciencias, seguimos repasando. Esta vez, tedes que volver a ler a páxina 28 antes de realizar as tarefas.

Por último, recordarvos que ás 12 tedes unha videochamada ca profe Rosa.

FELIZ XOVES!!!

 

 

Bo día!

Nerea e Leila estanse convertendo nunhas auténticas expertas en insectos, en concreto, en grilos. A través deste vídeo cóntannos multitude de curiosidades sobre estos animais, de que se alimentan, como diferenciar macho e femia... Moi atentos!!!

  

Interesante, verdade? Agora respondede a estas preguntas na libreta de Ciencias Naturais!

Unha vez feito isto, repasamos Matemáticas. A tarefa de Mate consiste nun problemas sobre o paso do Tempo e unhas actividades de repaso. 

 

 

Recordade, ademais, que hoxe tedes unha CITA. Ás 11 tedes videochamada con profes de Educación Física!!!

FELIZ MÉRCORES!!!!

 

Hoxe queremos felicitar a todos os compañeiros que estiveron de aniversario en abril!!!Tedes todos unhas tartas exquisitas, estamos desexando reencontrarnos para que nos traíades a probaRisaGuiño!!Moitos parabéns!!!

 

Bo día!!!

As actividades de hoxe son todas de repaso! En Naturais, repasaremos as partes da planta, as súas características, as partes da flor e que é a vexatación.

Antes de realizar as actividades  volvede  ler as páxinas 26 e 27 do libro para recordar todos estos contidos. Unha vez lido, contestade ás seguintes preguntas:

Unha vez feito isto, pasamos a Lingua Castelá. Neste caso, volvemos a traballar co adxectivo. Recordades o que era?

"Os adxectivos son palabras que nos indican como son ou están os nomes". Por exemplo: Ese coche é vermello ou ese peluche está roto.

Tanto, vermello como roto son adxectivos. O primerio indica como é o coche mentras o segundo nos indica como está o peluche.

Sinxelo verdade? Agora tócavos realizar os seguintes exercicios!

E por último, un XOGO de comprensión lectora super sinxelo. En menos de 3 minutos tédelo feito. Recordade para comezar clicade en "Iniciar Presentación". Animádevos!!!

TRABALLO REMATADO!FELIZ MARTES!

 

 

Bo día!Que tal? Como estades? Con moitas gañas de traballar despois deste merecidísimo descanso? Seguro que sí Risa!

As tarefas para hoxe son de Lingua Galega e Matemáticas. En Lingua Galega desfrutaremos do conto "No río" de Mon Daporta Padín, lido e cantado estupendamente por Mateo. Moi atentos!!

    

Escoitáradelo antes? Se non é este, seguro que algún dos contos da Rata Luísa listes!! Agora, xa sabedes,  tócavos contestar a unhas preguntas sobre o mesmo!!

Ó rematar con Lingua, traballamos Matemáticas. Nesta materia repasaremos O Tempo. Tanto as estacións, os meses, as horas, minutos e segundos. 

Se alguén dubida sobre que meses pertencen a cada estación ou o número que lle corresponde a cada mes, que se fixe nas seguintes imaxes!!


 

Para rematar, non vos esquezades de entrar neste divertido XOGO. A través del repasaredes as táboas de multiplicar. É moi importante practicalas para que non se vos olviden.

E, por último, decirvos que ó longo da ponte recibimos varios  traballos da Festa dos Maios, son estupendos. Darvos a noraboa a vós e ás vosas familias que tanto se implican, polo magnífico traballo que estades realizando, tanto con referencia a esta actividade como a todas as anteriores! A seguir así!!!!!

FELIZ LUNS!!! 

 

 

Bo día!

Hoxe volvemos a disfrutar da Literatura. Esta vez, cunha obra lida por Marcos chamada "20000 Leguas de viaje submarino" de Julio Verne. Trátase dunha apasionante historia! Moi atentos!!!

 

Emocionante, verdade?Agora, debedes responder a unhas sinxelas preguntas sobre a mesma.

Ó rematar facemos Matemáticas. As actividades de hoxe son de repaso. Centrarémonos nas operacións con paréntese (recordade, a operación que se atopa dentro do paréntese é a primeira que se fai sempre). Repasaremos,  a diferenza entre círculo e circunferencia. Ademais, de traballar cun gráfico de barras.

Para aqueles que non recordedes a diferenza entre círculo e circunferencia, fixádevos na imaxe.

 

E para rematar,o máis divertido!!Estase a piques de celebrar a Festa dos Maios, sabedes de que estamos falando? Algúns sí, outros non... Pois ben, a vosa labor será investigar en que consiste esta festa e posteriormente facer o voso maio. Clicade sobre o cartel para saber exactamente en que consiste a actividade.

 

A continuación, deixámosvos unha canción sobre esta fermosa festa chamada "Ahí vén o Maio". Para escoitala pulsade sobre o título. Esperamos que vos guste!!

E sen máis, disfrutade destes tres marabillosos días de descanso que nos esperan!!

Boa Ponte!!!!

 

Bo día!

As tarefas para hoxe son de Matemáticas e Lingua Galega. Estes días en Ciencias estamos traballando as plantas. Pois ben, agora imos abordar este tema dende Lingua Galega, xa que existen cantidade de coplas  referidas ás mesmas.

Lede moi ben o exercicio, para cumplir todos os pasos. As coplas debédelas copiar na libreta de Lingua!! E recordade, a letra e a presentación son moi importantes!!

Unha vez que acabedes de facer isto, só queda Matemáticas. Son simplemente tres operacións. Pero, ó igual que nas tarefas de Lingua, lede ben o enunciado para completar todo o que se vos pide.

 

Ó acabar Matemáticas damos por finalizado o traballo de hoxe! A desfrutar do día, FELIZ MÉRCORES!

 

 

Distribuir contido