TAREFAS XOVES, 7 DE MAIO

Bo día!!

Hoxe volvemos a desfrutar da lectura dun marabilloso conto. Esta vez as encargadas de lelo son Sara Sousa ca axuda da súa nai, quen nos len "Dulce como el azúcar", unha obra dos escritores Oakley Graham e Allan Kleiman. Estade moi atentos xa veredes que é unha historia preciosa!

 

Moi bonita, verdade? Ás veces ser diferente é bo!!Agora tócavos responder a estas preguntas.


Unha vez feito isto, traballamos Ciencias Naturais (aínda que nos exercicios do conto xa o fixemos ). En Ciencias, seguimos repasando. Esta vez, tedes que volver a ler a páxina 28 antes de realizar as tarefas.

Por último, recordarvos que ás 12 tedes unha videochamada ca profe Rosa.

FELIZ XOVES!!!