3º Primaria

Bo día!!!

As actividades que imos realizar hoxe son de Matemáticas e Lingua Castelá.

En Matemáticas centrarémonos en repasar as multiplicacións por dúas cifras e pola unidade seguida de ceros. Desto último, igual xa non vos acordades, repasámolo.


No caso das multiplicación por dúas cifras seguro que vos acordades. Iso si, recordade multiplicar ambos números e colocalos correctamente.

No caso de Lingua Castelá traballaremos Os artigos.

 

Por último, propoñémosvos dous xogos.

- Moitos xa conseguistes "El pequeño Diploma" e "El gran Diploma" do xogo que vos presentamos onte. Quen non probara con este último que o intente hoxe a través deste ENLACE. E se vos gustou podedes repetir.

- Ademais, como novidade, queremos saber se encontrades a palabra escondida neste último XOGO. Son só 10, probade!!!

 Unha vez feito isto, o traballo estaría rematado!

Recordade que ás 11 tedes VIDEOCHAMADA COS PROFES DE EDUCACIÓN FÍSICA!

A disfrutar do día!!!!

O xoves pasado presentabámosvos un reto!!Debíades investigar o seguinte:

- Canto dura o período de xestación dun gato?

- Cal é o mamífero cun período de xestación máis longo? E o máis curto?

Moitas e moitos de vós, respondestes cal é o animal, en xeral, co período de xestación máis longo, sen ser mamífero. Tamén nos pareceu interesante pois así damos resposta a todas esas preguntas.

A continuación, amosámosvos as solucións. Se clicades sobre elas podedes acceder a todos os traballiños de investigación feitos polos compañeiros.

 

 

Bo día!

Hoxe, disfrutaremos de dous marabillosos vídeos. En primeiro lugar, é Mia, quen nos conta un divertidísimo e entretido conto "O coelliño branco", un conto popular portugués adaptado polo escritor Xosé Ballesteros. Moi atentos, vaivos encantar!Risa

 

Agora, xa sabedes, tócavos responder a unhas sinxelas preguntas.

A continuación, centrarémonos en Ciencias Naturais, pero esta vez de xeito diferente. Nesta xornada, viaxaremos ó xardín de Pablo, que conta con decenas de plantas. El e a súa nai explicarannos multitude de curiosidades sobre as mesmas. Vémolo!!!

Interesantísimo, verdade? Detrás da portada de Ciencias atoparedes as tarefas a realizar!!

E xa por último, propoñémosvos un xogo de Matemáticas. A través deste xogo podedes conseguir un magnífico diploma, iso si, non podedes ter ningún erro nas 30 multiplicacións que se vos van presentar!!!Hoxe intentaremos conseguir "El pequeño Diploma".Clicade sobre el e dádelle a "Comezar".

Quen o consiga que nos envie foto!!!!Risa

E ata aquí o traballo de hoxe,

FELIZ MARTES!!!

 

 

Bos días!!!Que tal? Preparados para comezar a semana?Seguro que sí!!!Risa

Hoxe comezamos repasando o tema das plantas de Ciencias Naturais. Recordade, vimos as características das plantas, as súas partes, a parte da flor, os seus beneficios...Pois ben, a través dos exercicios de hoxe repasaremos todo iso! Polo tanto, é importante que volvades a ler o tema para acordarvos de todo e responder ás preguntas!

Unha vez feito isto, animámosvos a ver este vídeo sobre datos curiosos das plantas!!!

Ó rematar Ciencias, centrámonos en Matemáticas! Neste caso imos facer dous exercicios, tamén de repaso. Nestas tarefas recordaremos o valor da cifra segundo a súa posición. Fixádevos no ábaco!!!

Recordades que valor tiña cada número?

Exemplo: Que valor ten a cifra 5 neste número?

Neste caso o 5 son UM, entón  5 UM=5.000 U

Que valor ten a cifra 4?

Neste caso o 4 son C, entón 4C=400U

Sinxelo, verdade? Agora tócavos realizar as seguintes actividades:

E ata aquí o traballo por hoxe!!!Acordádevos do reto que vos propuxemos o xoves e enviádenolo!!

Feliz Luns!!!!

 

Hoxe, 17 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas. Este ano, como ben sabedes, o homenaxeado é o escritor Ricardo Carvalho Calero.Para tal celebración, Martín quixo compartir con todos nós a súa estupenda creación!!!

Disfrutade do día, falando galego, pois non hai mellor homenaxe para unha lingua que o seu uso!!!Risa

 

Bo día!

Hoxe, comezamos cunha actividade relacionada co Día das Letras Galegas, que como xa sabedes, celébrase o 17 de maio. Este ano o escritor homenaxeado é Ricardo Carvalho Calero.

A vosa labor consistirá en realizar pareados relacionados con esa celebración. Moi sinxelo, xa veredes!

Unha vez feito isto, ímonos centrar en Ciencias Naturais para repasar as utilidades das plantas. Nesta ocasión debedes ir á páxina 34 e facer os exercicios da mesma. 

 

Relacionado con Ciencias e ca estación na que estamos imos facer unha manualidade, en concreto, unha FLOR. Tedes varios días para creala e dentro de Plástica varias ideas, así que estamos seguras de que nos sorprenderedes, coma sempre.

Para o final temos unha actividade super interesante, pois Sara Sousa, vainos presentar a través deste vídeo dous seres vivos,un deles é adorable, xa o veredes. Moi moi atentos!!!!

  Tiñamos razón, verdade?

Agora propoñémosvos un RETO PARA O LUNS:

O outro día investigastes sobre cal era o período de incubación dos ovos dunha galiña.O novo reto consiste en investigar sobre o seguinte:

- Canto dura o período de xestación dun gato?

- Cal é o mamífero que ten o período de xestación máis longo? E o máis curto?

Agardamos as respostas!!!

FELIZ XOVES!!!

 

Bo día!

Hoxe comezamos a xornada cunha deliciosa receita elaborada por Erim ca axuda da súa nai e irmán. Estade moi atentos, pois sabemos de boa tinta que a todos ou casi todos vos encantan!!!

 

Quen vai probar a facelas na casa? Seguro que moitos!!Risa

Agora tócavos responder a unhas sinxelas preguntas.

Unha vez feito isto, pasamos a Lingua Galega. Hoxe traballaremos Os Artigos, xa os vimos en Lingua Castelán, acordádesvos que eran estas palabras?

Antes de comezar, mirade esta explicación!

Sinxelo, verdade? Comezamos entón cos exercicios.

 

E xa por último, imos con Ciencias Naturais. Do mesmo xeito ca onte, podedes buscar a información no libro para facer os exercicios, ou ben, buscar en Internet se tedes algunha dúbida.

E por hoxe, xa estarían as tarefas completadas.

Moi bo traballo!!!

Feliz Mércores!

Bo día!

Nesta xornada volvemos a disfrutar dun entretido conto, neste caso trátase de "La lechera", un conto clásico lido estupendamente por Leo. Prestade moita atención!!!

  

Gustouvos verdade? Respondede agora ás preguntas que se atopan tras a portada.

Unha vez feito isto, centrámonos en matemáticas. Hoxe, comezamos a traballar Diñeiro. Moitos de vós xa sabedes utilizalo perfectamente , pois ides mercar ó super, á librería, á tenda de gominolasRisa... Aínda así, antes de facer as actividades, mirade este vídeo que vos axudará.

 

Por último, centrámonos en Ciencias Naturais. Hoxe veremos para que usamos os seres humanos as plantas. Para iso, debedes ler as páxinas 30 e 31 do libro. A continuación, tedes tres exercicios. Para solucionalos podedes buscar a información en Internet. 

E xa estaría rematado o traballo por hoxe!!!!

A disfrutar do día!!!

Bo día! Que tal? Como pasastes a fin de semana? Hoxe empezamos con moitas ganas e as pilas ben cargadas!!

As tarefas para hoxe son de Lingua Castelá e Ciencias Naturais.

En Lingua Castelá en primeiro lugar, ides ler unha lectura do libro do segundo trimestre para responder, a continuación, a unhas preguntas. Posteriormente, comezaremos co Artigo, antes de realizar as actividades correspondentes mirade este vídeo, serviravos de moita axuda. 

  

Un contido moi sinxelo, verdade? Agora tócavos Ciencias Naturais. Nesta xornada imos ver a diferenza entre plantas con semente e plantas sen semente. Lede, detidamente a páxina 29 do libro e a continuación, como antes, mirade o vídeo, para que vos sexa máis doado.

 

 

Cando acabedes Ciencias xa tedes rematado o traballo por hoxe, estupendo!!!!

Feliz luns!!!!!

 

As nenas e nenos de terceiro dámoslle a benvida á primavera creando estes impresionantes maios.

Noraboa polo voso magnífico traballo!

 

Distribuir contido